domingo, 24 de mayo de 2009

A PIZARRA DIXITAL


Estamos aprender a usar a pizarra pixital do colexio. O día das letras galegas aproveitamos para ver en ela unha película. Tamén facemosa actividades de matemáticas, lengua...

IMOS DE ESCURSIÓN DE FIN DE CURSO



Xa está chegando o dí, o martes 26 de maio marchamos todo o 1º ciclo de excursión de fin de curso ao Grove. Imos ver o acuario e tamén faremos unha saída pola ría de arousa nun catamarán con visión submarina. Aquí quedan uns enlaces para os que queirades ampliar información. Xa poremos as nosas fotos propias.

XA NACERON AS MARIPOSAS


Aquí podedes ver que xa naceron as mariposas don gusanos de seda. Son de cor branca e son moi suaves. Están moi atarefadas poñendo ovos, que gardaremos con moito agarimo, para que o ano que ven volvamos a ter gusaniños aos que coidar.

domingo, 10 de mayo de 2009

O NOSO HERBARIO

Xa antes de semana santa trouxemos follas de árbores para secar na clase. Entre todos puxémolas nunha prensa e estivemos cambiándolles as follas de periódicos. Agora xa están secas e imos a facer o noso herbario.




Secamos as nosas follas gardando con elas a clasificación que nos mandaron os pais, aos que teño que dar grazas pola súa colaboración.







As nosas follas xa están ben secas, así que imos a abrir a prensa e facer o noso herbario.















Sara axudou a escribir as etiquetas.












Así é como quedou o noso herbario con todas s follas clasificadas.

COLECCIÓN DE CONCHAS


Estamos facendo unha colección de conchas. Estas son as que temos.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, o día do libro, fomos de excursión por O Porriño e achegámonos ata unha libraría, LIBRARÍA PAZ, que nos invitou a coñecer os seus libros.Tras ver moitos mercamos 3 para a nosa biblioteca de aula: un sobre animais e as súas crías, outro sobre o corpo humano e un de Hannah Montana. Támén mercanos un libro para a nosa propia biblioteca: LOS LUNARES DE RENATA, e estamos léndoo e traballando con el na clase.


AS MASCOTAS VIÑERON A CLASE A VISITARNOS

A primeira en vir a visitarnos foi DORI, a tartaruga de Gabriel.

Tamén Eric trouxo aos seus peixes.

E a última en vir foi a tartaruga de Sara, chamada TANIA.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails