martes, 29 de septiembre de 2009

Sssss... estamos lendo¡¡¡

O NOSO RATO DE LECTURA.Dende a biblioteca mandáronnos o cofre de lectura e tras elexir un libro puxémonos a ler. Imos a dedicarlle 20 munitos todos os días ata que leamos todos os libros do cofre, e despois iremos a por máis.
Na casa debedes de facer o mesmo: TER O VOSO RATO DE LECTURA DIARIO.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

MURAL DE OUTONO

Hoxe empezamos a preparar o noso mural de outono. Todos os nenos están traendo follas secas, landras, ourizos con castañas... Vainos a quedar estupendo.

martes, 8 de septiembre de 2009

A MIÑA NOVA CLASE


Curso 2009-10.Esta será a miña clase de 2ºB no CEIP Coutada Beade, en Vigo. Está valeira pois inda faltan 2 días para que cheguen os nen@s. Espero que veñan con moitas gañas de traballar xuntos, pois imos facer moitísimos cousas novas.


Tamén quero despedirme dos meus nenos do Ceip Xosé Fernández López do Porriño. Este ano teredes un@ mestr@ nov@ co@ que aprenderedes moitísimas cousas novas. Se me queredes mandar un email contándome como vos vai este curso este é o meu correo: blpires@edu.xunta.es. Nunca vos esquecerei. Un biquiño e ireivos a visitar.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails