Este ano a semana da ciencia adicámola ao poder da calor. Fixéronse moitísimos experimentos e aquí vos deixo as fotos dos nen@s do 1º ciclo que fixeron experimentos.
O último día antes de irnos de vacacións de semana santa decidimos deixar a clase ben ordenada. Ordenamos as nosas mesas, os libros e os xoguetes. Pasámolo moi ben traballando xuntos.
Preparádevos que este venres empezan os experimentos. Temos unha exposición do material de laboratorio e un microscopio onde poderemos ver cousas interesantes. Tamén observaremos o ciclo da auga.
Os experimentos serán sobre o poder que ten a calor. Non volos perdades. Un saúdo dende o departamento de laboratorio.
O luns 31 de marzo tivemos a visita de dous rapaces, Sabela e Mingos, que nos contaron moitas cousas sobre dous instrumentos: a guitarra e o piano. Aprendimos moitísimo e cantamos moitísimo máis. Volvede canso queirades.
O mércores 26 de marzo fixemos unha excursión estupenda. Primeiro fomos en barco ata o peirao de Chapela. Vimos bateas e pasamos por debaixo da ponte de Rande. Logo visitamos o Museo de Meirande e aprendimos moito da batalla de Rande. Por último, volvimos en barco a paramos na Illa de San Simón e San Antón. Gustounos moitísimo. Na clase limos un libro dunha historia na Illa de San Simón.