Mostrando entradas con la etiqueta excursións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursións. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de mayo de 2019

NAIS E FILLAS

Fomos a Pontevedra a ver unha exposicion de fotos e facer uns talleres de creatividade e expresión. Gustounos moitísimo.

domingo, 5 de mayo de 2019

CONVIVENCIA NO MONTE

O venres 3 de maio todo o colexio disfrutou nunha convivencia no monte onde plantamos árbores, fixemos unha pequena camiñata, merendamos e xogamos un rato. Esperamos volver a facela o ano que vén.


martes, 30 de abril de 2019

FIC ANDAINA 2019

Un ano máis fomos ver as curtas de diversidade no festival de curtas de Andaina. Gustáronnos un montón. Logo soubemos que de cada clase había un debuxo clasificado no seu concurso de debuxo e o sábado pola tarde era a entrega do premio ao debuxo gañador.
O venres varios nenos e nenas de 5º B fomos ver a película CAMPEONES e coñecimos a un dos seus protagonistas: "Sergio Olmos". Foi moi emocionante e divertido.
Para rematar a fin de semana, o sábado na entrega do premio soubemos que Sofía Couñago, de 5ºB, foi a nena que gañou o concurso de debuxo e alí estabamos, na entrega do premio.
FIN DE SEMANA COMPLETO.



domingo, 13 de diciembre de 2015

ROTEIRO POR REDONDELA

Para coñecer a nosa localidade, o xoves pasado, fixemos un percorrido polas rúas máis importantes de Redondela. Ademais, fomos recibidos polo Alcalde no Concello e visitamos os Xulgados, onde puidemos entrar nunha sala de vistas, facer preguntas aos xuices e, incluso, conseguimos unhas solicitudes de casamento e partidas de nacemento.
Na praza da Constitución, Reveriano Soutullo..., fixemos probas moi divertidas e acabamos agotados de tanto camiñar.
En fin, unha actividade moi intensa, pero da que aprendimos un montón. Só nos queda darlle as grazas aos veciños de Redondela que nos axudaron a resolver as probas, e os traballadores/as do Concello e o Xulgado por atendernos con tanta amabilidade.



martes, 8 de diciembre de 2009

A EXCURSIÓN AO ALCAMPO

A finales de outubro fomos de excursión ao Alcampo. Ensináronnos a zona de pastelería e alí amasamos pan, vimos como se facía unha torta... logo vimos a carnicería, a peixería, a zona onde acumulan o lixo para reciclar e por último ensináronnos unha bolsa reutilizable.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails