Mostrando entradas con la etiqueta actividades complementarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades complementarias. Mostrar todas las entradas
jueves, 21 de septiembre de 2017
sábado, 28 de mayo de 2016
COCIÑAMOS BROWNIE E CANAPÉS
O noso restaurante sigue en marcha e nesta ocasión cociñamos un brownie feito no microondas e canapés variados. Dividímonos en 2 grupos e cada un deles elaborou unha das dúas receitas. Ambas sairon moi ben e foron moi sinxelas de facer. Cando levemos o proxeto para casa terémolas para repetilas cantas veces queiramos. BO PROVEITO!
AS PROFESIÓNS: ARTESÁNS DE COIRO
A semana pasada viñeron Hugo e Diana, familiares da nosa compañeira Carla. Eles teñen un obradoiro de coiro e fan artículos tan variados coma pulseiras, bolsos, mochilas, fundas de axendas, ..
Explicáronnos como escollían as peles para cada cousa, como se tiñen, que ferramentas empregan... Ademais trouxéronnos coiros diferentes, moitos utensilios e traballos feitos por eles para que puidesemos velos e tocalos.
Tamén fixeron, en vivo e en directo para cada un de nós un marcapáxinas personalizado.
Moitas grazas
domingo, 8 de mayo de 2016
O CEP SANTA MARIÑA ACUDE AO REDONDELA EN CURTO
Hai unhas semanas celebrouse na nosa vila o XII FESTIVAL NACIONAL DE CURTAMETRAXES de Redondela. O noso cole foi convidado pola asociación ANDAINA a participar nel e fomos ver varias curtas dedicadas á inclusión.
Gustáronnos un montón e fixéronnos pensar que doado o temos algúns no día a día e que complicado outros e en como poder facer para que tod@s o teña mos mais fácil.
Ademais, tivemos unha sorpresa pois a antiga orientadora do centro Eva Rivas foi que nos presentou as películas.
Gustáronnos un montón e fixéronnos pensar que doado o temos algúns no día a día e que complicado outros e en como poder facer para que tod@s o teña mos mais fácil.
Ademais, tivemos unha sorpresa pois a antiga orientadora do centro Eva Rivas foi que nos presentou as películas.
domingo, 17 de abril de 2016
AS PROFESIÓNS: CARLOS; O AVÓ DE CARLA
A semana pasada pasou pola nosa aula Carlos o avó de Carla. Contounos que empezou a traballar de moi novo, con tan só 16 anos e que tivo dous oficios o de carniceiro e o de vendedor de electrodomésticos.
A mensaxe que nos transmitiu foi a de estudar moito e que todas as profesións son dignas xa que todas son necesarias para a sociedade e temos que exercelas con profesionalidade e responsabilidade.
Como bo avó que é deunos lambetadas a todos e nós respondimos cun abrazo colectivo.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA CARLOS!
domingo, 13 de marzo de 2016
EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN
O pasado venres 11 de marzo fomos de excursión á illa de San Simón. Saimos en barco desde Rande e alí fixemos un xogo de probas cuns monitores moi simpáticos. Dividíronos por clases así que estas son as fotos de 2ºA.
PASÁMOLO XENIAL!
martes, 8 de marzo de 2016
martes, 26 de enero de 2016
CANCIÓN DA PAZ
O próximo venres 29 de xaneiro celebraremso o día da Paz no cole. Unha das actividades que levaremos a cabo é a de cantar unha canción. Este ano é a de Apertas que voan de Paco Nogueiras. Nesta ocasión, ademais de aprender a letra e cantala con moitas gañas, imos aprender o retrouso e na Lingua de Sinais Española (LSE). Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o facemos e para que practiquedes con nós.
domingo, 29 de noviembre de 2015
PANADEIR@S POR UN DÍA
A semana pasada, o alumnado de 2º fomos á panadería Cruceiro en Nespereira. Pasamos alí toda a mañá, polo que nos deu tempo a facer un montón de cousas: amasamos, fixemos cruasáns, napolitanas, vimos como traballaban os reposteiros facendo un brazo de xitano ou unha torta, déronnos de merendar, ...
Despois levamos un bo cargamento deses produtos para tomar na casa coa familia. Aquí tedes as fotos para que vexades por que chegamos tan sucios/as ao cole.
lunes, 2 de noviembre de 2015
SEMANA DO SAMAÍN
Para festexar o Samaín este ano fixemos uns monstros-chef, unhas momias para alumear e comimos vasoiras de bruxa que fixemos con queixo e pauciños.
Todo isto e moito máis no seguinte vídeo.
Todo isto e moito máis no seguinte vídeo.
domingo, 24 de mayo de 2015
O CAZO DE LORENZO
O mes de maio dedicámosllo á DIVERSIDADE e que mellor maneira de facelo que xutando as clases de Valores cívicos e sociais e de relixión. Comezamos lendo o conto do Cazo de Lorenzo e a partir del pensamos nas dificultades que algunhas persoas teñen cada no día a día e tamén nos demos conta que todos temos algunha (os nosos cazos) e intentamos buscarlles unha solución (os bolsos). Ao final quedounos un mural chulísimos que temos no corredor de 1º. Podedes pasar a lelo cando queirades.
sábado, 18 de abril de 2015
LECTURA DE "EL QUIJOTE" EN 1º A
Andiantándonos un pouco á celebración do día do libro na nosa aula xa limos o famoso libro de Cervantes e estamos a coñecer algo máis das súas personaxes. Aquí tedes unhas fotos da lectura compartida que fixemos entre toda a aula.
sábado, 28 de marzo de 2015
EU PASEI 8 RETOS
O xoves pasado tivo lugar o acto de entrega das bandas e premios o alumnado de 1º A que pasaron 8 ou máis retos. Os meus parabéns a tod@s.
domingo, 22 de febrero de 2015
jueves, 18 de diciembre de 2014
POPURRÍ DE NADAL
Nesta semana de Nadal fixemos varias manualidades relacionadas con estas datas. As dúas foron abetos: un proposto por Elía, feito co método da papitoflexia e outro proposto pola profe con cartolina e botes de iogures bebibles. Ambos quedaron moi ben e fixémolos sós. Por outra parte, recibimos a visita do Paxe Real a quen lle entregamos as nosas cartas aos Reis Magos de Oriente.
Con isto damos vacacións de Nadal no blog, que teñades unhas BOAS FESTAS! Ata o ano que vén.
sábado, 29 de noviembre de 2014
MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O día 25 de novembro o noso cole uniuse aos actos organizados en Redondela en repulsa á violencia machista. A actividade principal foi a marcha ata o Concello onde lemos un manifesto e ao volver ao centro cantamos unha canción de Malú e Manuel Carrasco.
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d15434230k9756598o1l1/25n
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d15434230k9756598o1l1/25n
sábado, 15 de noviembre de 2014
FOMOS AO KARAOKE
A semana pasada tivemos unha gran sorpresa na aula: CANTAMOS NO KARAOKE do 3º ciclo. O Profe Geno invitounos a probar o karaoke que ten montado para os maiores e nós non puidemos resistir a tentación, porque se por algo se caracteriza a clase de 1ºA é por ter apaixoados/as pola música. Aquí vos deixo unha mostra de como resultou esta primeira experiencia.
GRAZAS PROFE GENO!!
lunes, 3 de noviembre de 2014
O MAGOSTO E SAMAÍN
Como colofón final, o xoves pasado rematamos a semana coa celebración do Samaín e o magosto. Foi un día de xogos, cancións, bailes e castañas!
jueves, 3 de abril de 2014
COÑECENDO O PIANO E A GUITARRA
O luns 31 de marzo tivemos a visita de dous rapaces, Sabela e Mingos, que nos contaron moitas cousas sobre dous instrumentos: a guitarra e o piano. Aprendimos moitísimo e cantamos moitísimo máis. Volvede canso queirades.
martes, 14 de enero de 2014
Obra os tres porquiños
O luns 13 de xaneiro, os nenos de primeiro fumos a ver a obra os tres porquiños, ... e grabounos a TVG e aquí está a reportaxe para que a disfrutedes,
Reportaxe
Reportaxe
Suscribirse a:
Entradas (Atom)