sábado, 22 de junio de 2019

REMATOU O CURSO

Ata chegamos. Xa rematou o curso e para celebralo temos a festa da ANPA. En setembro volveremos con moitas gañas de aprender cousas novas e traballar. Bicos e BO VERÁN¡¡¡¡



jueves, 20 de junio de 2019

OS ANIMAIS. TRABALLO COOPERATIVO EN 3º

Os nosos compañeiros de 3ºA tamén fan traballo cooperativo e para estudar os animais fixeron unha investigación sobre un animal  que eles elixiron. Aquí nos explican o seu traballo. Grazas profe Bea Piñón.

jueves, 13 de junio de 2019

A MALETA. COOPERATIVO NA AULA

Outro curso máis fixemos a dinámica chamada "A maleta" para coñecernos mellor. Foi feita no primeiro trimestre e axudounos a coñecernos mellor.


lunes, 10 de junio de 2019

OS INVERTEBRADOS

Este trimestre traballamos os invertebrados na clase. Usamos a estructura do QUEBRACABEZAS, en aprendizaxe cooperativo para facer a investigación. O producto final é un vídeo onde cada equipo explica as características do seu grupo.
Aquí temos os vídeos finales e un vídeo de como o fixemos. Esperamos que vos gusten. A nós, gústanmos MOITÍSIMO!!!! ( falta un grupo, en breve poñémolo)








domingo, 2 de junio de 2019

CERTAME DE RELATO CURTO

Este curso participamos no certame de relato curto e tres de nós quedamos finalistas: Xiana, Sira e Christian. O venres 31 de maio fomos ata o Pazo da cultura en pontevedra a recoller o libro co noso relato publicado e o diploma.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails