Mostrando entradas con la etiqueta alimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alimentos. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de febrero de 2016

MENÚ ESPECIAL DE SAN VALENTÍN

No CHOCO MATEMÁTICO non podiamos deixar pasar esta data tan especial e elaboramos un menú  para os namorados cheo de amor, corazóns e caricias. E  tan só custa 20€.





lunes, 4 de enero de 2016

O CHOCO MATEMÁTICO: COMIDA 15 DE DECEMBRO

O pasado 15 de decembro tivemos a inauguración do noso restaurante coa primeira comida servida no Choco Matemático. Este é un vídeo resumo do ben que saíu.





jueves, 17 de diciembre de 2015

PRIMEIRA COMIDA NO CHOCO MATEMÁTICO

Déixovos un pequeno vídeo coas fotos da actividade do martes pasado. Máis para adiante publicaremos os vídeos, polo de agora temos que conformarnos con ver as fotos pero non vos van defraudar. Estiveron estupendos!


domingo, 29 de noviembre de 2015

PANADEIR@S POR UN DÍA

A semana pasada, o alumnado de 2º fomos á panadería Cruceiro en Nespereira. Pasamos alí toda a mañá, polo que nos deu tempo a facer un montón de cousas: amasamos, fixemos cruasáns, napolitanas, vimos como traballaban os reposteiros facendo un brazo de xitano ou unha torta, déronnos de merendar, ...
Despois levamos un bo cargamento deses produtos para tomar na casa coa familia. Aquí tedes as fotos para que vexades por que chegamos tan sucios/as ao cole.


lunes, 23 de noviembre de 2015

VISITA DO PAI DE CHRISTIAN AO CHOCO MATEMÁTICO

O pai do noso compañeiro Christian é o xerente do restaurante "A PONTE" de Vigo polo que lle pedimos que nos acompañase unha mañán e contestase ás nosas preguntas. Deste xeito, poderiamos mellorar o noso restaurante. Accedeu a vir o venres pasado e a verdade é que foi moi interesante. Aprendimos moitas cousas sobre o que necesitamos para o O Choco Matemático. 
MOITAS GRAZAS LINO!


CHULAS DE CABAZA NO CHOCO MATEMÁTICO

O martes pasado cociñamos chulas no noso restaurante. Foron todo un éxito e a receita terédela na casa por se a queredes probar dentro de moi pouco.


sábado, 24 de octubre de 2015

DÍA DE INFUSIÓNS NO "CHOCO MATEMÁTICO"

Esta semana fixemos unha ficha dunha carta de tés que nos trouxo María. Por iso preparamos unha pequena degustación dalgunha delas. Por exemplo de rooibos, froitos do bosque, con piña, con ameixa...
A verdade é que non nos gustaron moito pero cheirámolas e recoñecimos moitos olores e sabores
Mirade


miércoles, 23 de septiembre de 2015

RESTAURANTE O CHOCO MATEMÁTICO ABERTO TODO O CURSO

Este ano a aula de 2º A ten aberto o restaurante  O Choco Matemático. Estamos á súa disposición para servirlles as mellores receitas todos os días da semana agás os luns. Ademais dunhas exquisitas especialidades do noso Chef, pronto contaremos cun menú do día. O noso Pinche, Camareiro, Chef e Maitre estarán encantados de atendelos.
Aquí lles amosamos as primeiras fotos do noso local. Aínda estamos empezando pero xa vai tendo forma.

















GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN

sábado, 28 de marzo de 2015

RATOS DE QUEIXIÑOS

A semana pasada elaboramos unha receita moi sinxela e curiosa. Como vos imaxinades tiña forma dun animal; o rato. Gustaron bastante, pero sobre todo gustounos facelos. Aquí os podedes ver




jueves, 15 de enero de 2015

VISITA AO SUPERMERCADO

O pasado mércores 14 de xaneiro todo o alumnado de primeiro fomos de excursión ao supermercado FROIZ. Ao chegarmos alí, cada clase foi facendo o mesmo percorrido pero en distinta orde. A  Primeiro A acompañounos Lorena e empezamos pola parte máis "interesante": a Froitería xa que é alí onde traballa a mamá da nosa compañeira Uxía.  Recibiunos ela e deunos a probar unhas froitas pouco comúns nas nosas casas. Despois fomos á panadaría, ao almacén, á peixaría,  á carnizaría e, por último, á chacinaría.
Por se isto fose pouco, cando rematamos a visita convidáronnos a merendar.
Foi unha gran visita. MOITAS GRAZAS A TODAS POLA ATENCIÓN E AS EXPLICACIÓNS!!




domingo, 14 de diciembre de 2014

NOVOS "PERSONAXES" NOS RECUNCHOS

Seguimos xogando no supermercado e no aeroporto cando temos tempo despois de traballar. A semana pasada sorprendéronme estas imaxes:
Nun principio pensei que xa a estaban armando tirándose polo chan pero logo fixeime ben e.... boteime a rir e saqueille estas fotos porque son estupendos. Os que están de xeonllos son os fillos ou os cans dos que están mercando e estaban todos metidísimos no papel. Non me digades que non merecen unha mención. Son xeniais!

lunes, 8 de diciembre de 2014

ALIMENTOS

Estamos en naturais estudando os alimentos. Temos que sabelos dividir en grupos, temos que saber se son de orixen animal ou vexetal.... moitas cousas moi interesantes.
O primeiro que fixemos foi traer unas receitas de casa. Estamos pendentes de facer un recetario con todas.
Tamén trouxemos apuntado que era o que comíamos durante unha fin de semana.  PINCHA AQUÍ
Tamén fixemos "palomitas" na clase para ver como se formaban directamente duns grans de millo do cun pouco de aire quente. PINCHA AQUÍ.
O último que fixemos foi un mural cos clasificación dos alimentos.




Aquí vos deixo algúns enlaces para que podades aprender un pouco máis á vez que xogades.

Alimentos-saludables

Alimentos-2
Alimentos-3

Alimentacion-divertida-spoti

Alimentos-4
Alimentos-grupos

Alimentos-piramide

Alimentacion-sana




lunes, 1 de diciembre de 2014

GRACIAS RAÚL Y FAMILIA

En casa de Raúl se han animado a mandarnos la muestra de las trufas de chocolate ( receta que nos trajo al cole) y de galletas. Estaban riquísimas y no ha sobrado nada.
Muchas gracias.

sábado, 29 de noviembre de 2014

RECUNCHOS DA AULA

Temos a aula moi decorada a modo de cabina de avión e cos avións elaborados por tod@s. Nela, ademais, temos o recuncho do aeroporto de "MARILUZ" e o do super do aeroporto"DUTY FREE". A tod@s nos encanta xogar neles e facémolo unha vez rematadas as actividades propostas.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d15434548k6843029o1l1/recunchos-super-aeroporto

domingo, 23 de noviembre de 2014

AVIÓNS DE PLÁTANO

O venres pasado fixemos a nosa primeira receita de cociña, e, como non podía ser doutro xeito, cociñamos avións. A idea sacámola de Ida Frosk unha artista moi orixinal que crea as súas obras con alimentos. Como veredes na presentación, fixo unha composición moi bonita a base plátanos, pasas e requeixo. A nós non nos quedou tan perfecta pero tivemos moitos contratempos empezando polos pratos que non os demos conseguido azuis e houbo que improvisar... polo demais os nosos quedaron estupendos e démoslle o noso toque: as nosas nubes eran de nata montada.




http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d15237548k3631140o1l1/pltanos

sábado, 29 de octubre de 2011

A ALIMENTACIÓN

Aquí vos quedan enlaces a xogos onde podedes practicar o tema que estamos dando de coñecemento. Pasádeo ben¡¡¡




sábado, 14 de noviembre de 2009

OS ALIMENTOS

En coñecemento do medio estudamos os alimentos e entre todos trouxemos receitas para facer o noso propio libro de receitas. Aquí as tedes todas:


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails