lunes, 30 de noviembre de 2009

O CICLO DA AUGA

No tema 5 de coñecemento do medio estamo estudando a AGUA e o AIRE. Fomos á PDI a hacer unha actividades relacionadas co tema e a ver una enlaces sobre o ciclo da auga. Deixovos aquí eses enlaces para que os vexades con máis tempo e de paso repasedes os contidos do tema



El clase fixemos un puzle do ciclo da auga.

sábado, 14 de noviembre de 2009

OS ALIMENTOS

En coñecemento do medio estudamos os alimentos e entre todos trouxemos receitas para facer o noso propio libro de receitas. Aquí as tedes todas:


sábado, 7 de noviembre de 2009

O TEMPO DE LECER

O outro día fixemos fotos do noso tempo de lecer.


AS NOSAS MANDALAS

Ás veces, en clase, temos "tempo de lecer". Ese tempo aproveitámolo para facer cousas diferentes. Unha das que máis nos gusta facer son as MANDALAS.
Pero ¿qué son las mandalas? As mandalas son diagramas ou representacións esquemáticas e simbólicas do macrocosmos e o microcosmos, utilizadas no budismo e no hinduismo.
¿Para que se emplean? empléanse para traballar a atención e a relaxación dos alumnos.
Se queredes saber máis sobre as mandalas e descargar mandalas para pintar pincha aquí

Este es el resultado de nuestras mandalas:

viernes, 30 de octubre de 2009

XOGA A TALLAR A TÚA CABAZA




A NOSA MOCHILA VIAXEIRA

A nosa mochila viaxeira empezou a súa viaxe polos fogares dos nenos de 2º B. Xa fixemos un listado para que cada martes se vaia a casa dun neno ou nena de clase. Empezou Lucía Rodríguez. Esperamos que nos escriba algo interesante e faga un debuxo bonito na libreta viaxeira e que disfrute moito lendo os libros que lena van.

jueves, 29 de octubre de 2009

martes, 20 de octubre de 2009

OS ÓSOS E OS MÚSCULOS

Esta é MICAELA:

Xa rematamos o tema 2 de coñecemento. Aprendimos moito sobre os ósos que forman o noso esqueleto e os músculos que nos axudan a movernos. Para eso tivemos na clase a MICAELA, coa cal practicamos para saber onde ían cada óso e cada articulación.

Cando xa tiñamos todo localizado, fixemos debuxos de Micaela no encerado. Este foi o que máis se lle parecía.

UN ANACO DOS ANCARES

Raúl foi aos Ancares e trouxonos uns anaquiños para que nos fagamos unha idea de como era todo. Ademais fomos ver á pizarra dixital as fotos que fixo na viaxe. Gustounos moitísimo

O QUE RAÚL NOS TROUXO DOS ANCARES on PhotoPeach

martes, 29 de septiembre de 2009

Sssss... estamos lendo¡¡¡

O NOSO RATO DE LECTURA.Dende a biblioteca mandáronnos o cofre de lectura e tras elexir un libro puxémonos a ler. Imos a dedicarlle 20 munitos todos os días ata que leamos todos os libros do cofre, e despois iremos a por máis.
Na casa debedes de facer o mesmo: TER O VOSO RATO DE LECTURA DIARIO.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

MURAL DE OUTONO

Hoxe empezamos a preparar o noso mural de outono. Todos os nenos están traendo follas secas, landras, ourizos con castañas... Vainos a quedar estupendo.

martes, 8 de septiembre de 2009

A MIÑA NOVA CLASE


Curso 2009-10.Esta será a miña clase de 2ºB no CEIP Coutada Beade, en Vigo. Está valeira pois inda faltan 2 días para que cheguen os nen@s. Espero que veñan con moitas gañas de traballar xuntos, pois imos facer moitísimos cousas novas.


Tamén quero despedirme dos meus nenos do Ceip Xosé Fernández López do Porriño. Este ano teredes un@ mestr@ nov@ co@ que aprenderedes moitísimas cousas novas. Se me queredes mandar un email contándome como vos vai este curso este é o meu correo: blpires@edu.xunta.es. Nunca vos esquecerei. Un biquiño e ireivos a visitar.

domingo, 7 de junio de 2009

A PIZARRA DIXITAL, TRABALLANDO NELA

Aquí a profe Bea explícanos como se fan na pizarra as actividades













Alda sae a poñer a data











Eric leva un peixe aos alimentos Pablo Rodríguez leva o plátano ao saco dos alimentos Sofia pénsao un pouco Leva o osiño ao saco dos non alimentos Noemi marcando alimentos de orixe animal Ainoa marcando vexetais Pablo Baños Carolina Sara e Claudia bailaron o karaoke " Soy una taza"

O LIBRO DO COLEXIO: XOGOS TRADICIONAIS

Tódolos anos no colexio faise un libro. Cada clase aporta algo. Este ano escolleuse como tema os xogos tradicionais. Na nosa clase fixemos xogos con materiais de refugallo.



Noemi, Sergio,Ángel e Ainoa fixeron un teléfono móbil.









Carolina, Sofía, Pablo Baños e Luis fixeron un paracaidas co seu paracaidista e todo.













Gabriel, Alda, Carla e Brais fixeron un "metedentro"














Pablo Rodríguez e Raul fixeron os peixiños, e Sara e Miguel a caixa para metelos. Así construímos o noso xogo de pescar.



Podedes ver o libro rematado na biblioteca do centro. Esperamos que vos guste.

2009, ANO ASTRONÓMICO

Este ano é o ano internacional de astronomía e no primeiro ciclo fixemos no noso pasillo o sistema solar.
Na revista do colexio saldrá un artigo feito por todos nós falando dos planetas. Esperamos que vos guste.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

E chegou o 26 de maio, e marhamos ao Grove. Na ida, sacando algún mareo, pasámolo moi ben no autobús. Primeiro fomos a visitar o acuario e logo fomos a pasear pola ría de Arousa en catamarán. Fomos na parte de arriba e merendamos alí. Paráronnos xunto a unha batea e baixamos á parte de abaixo do catamarán, que tiña uns vidros por medio dos cales vimos fondo do mar. Había peixes e estaban as cordas da batea cos mexilóns. Foi "Alucinante". Despois subimos á área recreativa A Silladeira e alí comimos todos xuntos. Fartámonos de xogar a correr, coas pelotas, cordas... Chegara a hora de voltar acasa. Cada un para o seu autobús e acurrucados a maioría viñemos durmindo pois estabamos esgotados. Esa é a foto do grupo.

sábado, 6 de junio de 2009

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Inda que xa pasaron unhas semanas imos a ver as fotos do día que no cole celebramos o Día das Letras Galegas. Lembrar que este ano dedicoúselle o día a Ramón Piñeiro e podedes ver unhas fichas dun cuadernillo sobre el que traballamos en clase. Na actuación nós cantamos unha cantiga cos nosos compañeiros de 1º A, a mestra Coral foi a encargada de ensaiarnos e inda que o día da actuación case non se nos escoitou por estaren os micros colocados moi arriba, hai que dicir que o fixemos moi ben.

domingo, 24 de mayo de 2009

A PIZARRA DIXITAL


Estamos aprender a usar a pizarra pixital do colexio. O día das letras galegas aproveitamos para ver en ela unha película. Tamén facemosa actividades de matemáticas, lengua...

IMOS DE ESCURSIÓN DE FIN DE CURSO



Xa está chegando o dí, o martes 26 de maio marchamos todo o 1º ciclo de excursión de fin de curso ao Grove. Imos ver o acuario e tamén faremos unha saída pola ría de arousa nun catamarán con visión submarina. Aquí quedan uns enlaces para os que queirades ampliar información. Xa poremos as nosas fotos propias.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails