No colexio para celebrar o día da paz fixemos un mercado solidario para recaudar cartos e mandalos a Haití. Cada neno trouxo 2 obxectos: libros, xoguetes... cos que se montou un mercadillo. Hoxe, venres 29, trouxemos 1 euro cada un, que nos trocaron por 2 vales, e con cada vale podíamos mercar un obxeto. Gustounos moito a experiencia e o intercambio que fixemos e tamén aprendimos que entre todos podemos axudar aos demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario