O outro día fixemos na clase unha degustación dunha froita algo descoñecida para os nen@s. Ten un nome algo raro, nashi ou nasú, ou tamén é chamada pera china. A cousa é que sabe como pera e mazá xuntas. Tod@s os nen@s comeron un anaquiño, ata aos que non soen comer froita . Á maioría gustoulles, e repetiron e outros non lles gustou. Esta é a foto do que nos probamos.
Se pinchades na imaxen da árbore desta froita ides a un enlace onde vos contan máis cousas.
Seguiremos facendo degustación na clase de cousas novas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario