Comprobamos que o silencio é posible!
domingo, 5 de octubre de 2014
E O SILENCIO CHEGOU A 1ºA
En relación ao proxecto dos avións, o pasado venres propúxenlles unha actividade que resultou moi motivadora. Consistía nun "concurso" no que contaban con 5 minutos para debuxar todas as cousas que se lles ocorresen que voasen. Houbo de todo; fadas, nubes, paxaros, dragóns, moscas..,quen non fixo nin a primeira porque non era quen de debuxalo ben, quen puxo 8 cousas, 6, 3... O caso é que entre todos logramos atopar ata 25 ou 26 e que ademais de ilustralos tamén escribimos o nome de cada unha. Estivemos tan metidos no xogo que durante 5 inutos isto foi o que se oía na aula.
Comprobamos que o silencio é posible!
Comprobamos que o silencio é posible!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario