Como o proxeto deste trimestre son OS ANIMAIS, non podía faltar un de verdade na nosa aula. Así que temos mascota. É un canario e chámase OTOÑO. Vai ser responsabilidade de tod@s que se sinta cómodo na nosa clase e tamén teremos que atender ás súas necesidades como ser vivo (alimentación, limpeza, descanso...). Aprenderemos moito grazas a el. Polo de agora xa xurdiron en nós un montón de preguntas que teremos que responder. Esperamos que haxa moitas familias acolledoras de fin de semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario