Un ano máis a Dirección Xeral de Tráfico veu a impartir ao noso cole uns obradoiros de educación viaria. Volvemos contar coas explicacións e paciencia de Obdulio e as dúas Elenas. Gustaríanos aproveitar para darlles as grazas por este día tan divertido e instructivo.
Dividíronnos en grupos e fixemos de peóns e condutores nun circuito e, por outro lado, ensináronnos o coche patrulla, os chalecos antibalas, balizas...
Grazas tamén ás familias pola vosa colaboración coas bicicletas e cascos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario