A semana pasada, o alumnado de 2º fomos á panadería Cruceiro en Nespereira. Pasamos alí toda a mañá, polo que nos deu tempo a facer un montón de cousas: amasamos, fixemos cruasáns, napolitanas, vimos como traballaban os reposteiros facendo un brazo de xitano ou unha torta, déronnos de merendar, ...
Despois levamos un bo cargamento deses produtos para tomar na casa coa familia. Aquí tedes as fotos para que vexades por que chegamos tan sucios/as ao cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario