Geli, a mamá de Úrsula veu o venres 18 a contarnos como era o seu traballo. Ela é a dona dun agro na parroquia do Viso xunto con outra compañeira. Explicounos que alí venden produtos para o campo e os animais como por exemplo: plantas, angazos, sementes, cereais, alpiste, abonos etc.
Para explicarnos mellor todo isto trouxo algún dos utensilios que vende no seu local e que se empregan para traballar a terra, cereais como cebada ou centeo, plantas e incluso unhas sementes de flores para cada un de nós.
Moitas grazas Geli por pasar pola nosa aula e contarnos todas estas cousas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario