A semana pasada pasou pola nosa aula Carlos o avó de Carla. Contounos que empezou a traballar de moi novo, con tan só 16 anos e que tivo dous oficios o de carniceiro e o de vendedor de electrodomésticos.
A mensaxe que nos transmitiu foi a de estudar moito e que todas as profesións son dignas xa que todas son necesarias para a sociedade e temos que exercelas con profesionalidade e responsabilidade.
Como bo avó que é deunos lambetadas a todos e nós respondimos cun abrazo colectivo.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA CARLOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario