domingo, 29 de noviembre de 2015

PANADEIR@S POR UN DÍA

A semana pasada, o alumnado de 2º fomos á panadería Cruceiro en Nespereira. Pasamos alí toda a mañá, polo que nos deu tempo a facer un montón de cousas: amasamos, fixemos cruasáns, napolitanas, vimos como traballaban os reposteiros facendo un brazo de xitano ou unha torta, déronnos de merendar, ...
Despois levamos un bo cargamento deses produtos para tomar na casa coa familia. Aquí tedes as fotos para que vexades por que chegamos tan sucios/as ao cole.


lunes, 23 de noviembre de 2015

PEONZAS

VISITA DO PAI DE CHRISTIAN AO CHOCO MATEMÁTICO

O pai do noso compañeiro Christian é o xerente do restaurante "A PONTE" de Vigo polo que lle pedimos que nos acompañase unha mañán e contestase ás nosas preguntas. Deste xeito, poderiamos mellorar o noso restaurante. Accedeu a vir o venres pasado e a verdade é que foi moi interesante. Aprendimos moitas cousas sobre o que necesitamos para o O Choco Matemático. 
MOITAS GRAZAS LINO!


CHULAS DE CABAZA NO CHOCO MATEMÁTICO

O martes pasado cociñamos chulas no noso restaurante. Foron todo un éxito e a receita terédela na casa por se a queredes probar dentro de moi pouco.


lunes, 2 de noviembre de 2015

SEMANA DO SAMAÍN

Para festexar o Samaín este ano fixemos uns monstros-chef, unhas momias para alumear e comimos vasoiras de bruxa que fixemos con queixo e pauciños.
Todo isto e moito máis no seguinte vídeo.



domingo, 25 de octubre de 2015

EDUCACIÓN VIARIA EN SEGUNDO

Un ano máis a Dirección Xeral de Tráfico veu a impartir ao noso cole uns obradoiros de educación viaria. Volvemos  contar coas explicacións  e paciencia de Obdulio e as dúas Elenas. Gustaríanos aproveitar para darlles as grazas por este día tan divertido e instructivo.
Dividíronnos en grupos e fixemos de peóns e condutores nun circuito e, por outro lado, ensináronnos o coche patrulla, os chalecos antibalas, balizas...
Grazas tamén ás familias pola vosa colaboración coas bicicletas e cascos.





sábado, 24 de octubre de 2015

DÍA DE INFUSIÓNS NO "CHOCO MATEMÁTICO"

Esta semana fixemos unha ficha dunha carta de tés que nos trouxo María. Por iso preparamos unha pequena degustación dalgunha delas. Por exemplo de rooibos, froitos do bosque, con piña, con ameixa...
A verdade é que non nos gustaron moito pero cheirámolas e recoñecimos moitos olores e sabores
Mirade


domingo, 18 de octubre de 2015

PRIMEIROS TRABALLOS EN VALORES

Presentámosvos os primeiros traballos que fixemos en Valores neste curso. Nas primeiras sesións falamos sobre a familia, debuxámola e escribimos sobre ela, no segundo visionamos unha longametraxe sobre a infancia e a importancia de soñar e debuxamos os nosos soños.


viernes, 25 de septiembre de 2015

miércoles, 23 de septiembre de 2015

RESTAURANTE O CHOCO MATEMÁTICO ABERTO TODO O CURSO

Este ano a aula de 2º A ten aberto o restaurante  O Choco Matemático. Estamos á súa disposición para servirlles as mellores receitas todos os días da semana agás os luns. Ademais dunhas exquisitas especialidades do noso Chef, pronto contaremos cun menú do día. O noso Pinche, Camareiro, Chef e Maitre estarán encantados de atendelos.
Aquí lles amosamos as primeiras fotos do noso local. Aínda estamos empezando pero xa vai tendo forma.

















GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN

viernes, 24 de julio de 2015

NUESTRA INTERPRETACIÓN DE "EL QUIJOTE"

Esta actividad la hicimos en abril, el mes del libro, y aquí está el vídeo montado con nuestra lectura e interpretación de este gran clásico.


jueves, 18 de junio de 2015

VISITA AO ZOO 1º A E 1º C

Como sabedes o pasado 15 de xuño fomos de excursión á Madroa. Tivemos que dividirnos en grupos de 30 alumnos/as polo que no noso grupo fomos os de 1º A máis a metade de 1º C. Deixámosvos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e todo o que vimos.





AS NOSAS PLANTACIÓNS

Presentámosvos as leitugas despois de coidalas desde que as plantamos. Creceron un montón e, moitas delas, están listas para preparar unha boa ensalada nas casas. Mirade...


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails