viernes, 17 de abril de 2009

TEMOS UNHA INVITADA NA CLASE




Dende que volvimos das vacacións de semana santa temos unha invitada na clase. Chámase "Perlita As", nome que saiu do sorteo feito en clase. Vai a estar con nós ata fin de curso e coidarémola entre todos. Xa ten varios voluntari@s que a queren levar para a súa casa, cando rematen as clases, así que terán que traballar moito coidándoa. En xuño quedarase a vivir nun novo hogar en O Porriño

jueves, 16 de abril de 2009

USAMOS A PLASTILINA

Hoxe decidimos que íamos a facer a nosa propia Gioconda, pero con plastilina. Esto foi o que ocurriu... ¡¡algunha parécese¡¡

lunes, 6 de abril de 2009

FACEMOS CADROS FAMOSOS



Na clase de plástica estamos coñecendo pintores famosos e algunha obra súa. Esto foi o que fixemos con Van Gogh e a súa habitación en Arlés.

OS NÚMEROS PARES


Para aprender os números pares fixémolos en relevo.

Amplía información en NÚMEROS.

AS PLANTAS



Estudiamos o tema das plantas e como experimento plantamos unha lentellas e fabas. Naceron e creceron, casi todas, inda que algunhas non moito. Había que regalas e poñelas ao sol polas mañás na ventá da clase. Cando chegaron as vacacións de semana santa levámolas para casa.

GUSANO DE SEDA- 60 DÍAS DE AVENTURA

Xa temos os nosos gusanos de seda na clase. Son 8 e teñen diferentes tamaños: 2 grandes na 3ª idade, 3 medianos na 2ª idade e 3 pequeños na 1ª idade. Temos que traerlles follas de morera branca, pois é o único que comen.Mércores 25 de marzo de 2009. Para ver máis información sobre os gusanos de seda.

Xa levan con nós 2 semanas e creceron moito. Agora son as vacións de semana santa e tócalle á mestra levalos para casa para cuidalos e darlles de comer. Cando volvamos veremos canto creceron. Venres 3 de abril 2009.


O mércores 8 de marzo un gusano dos máis grandes, na 5ª idade, empezou a tecer o que será o seu capullo de seda. Este traballo levaralle entre 3 e 4 días.Aquí podédelo ver tecendo:


Logo quedará metido dentro da crisálida, ou capullo de seda, e nuns 16 ou 17 días sairá convertido nuha mariposa. Neste video podedes ver como traballaba neste primeiro día.

Todos os demais seguían ao seu: comer, comer, comer, comer...

O mércores pola noite outro gusano púsoxe a tecer a súa nova casa e ao día seguinte este era o aspecto que tiñan os dous:


Nestas fotos podedes ver a cada un por separado e de cerca.


**

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails