jueves, 17 de diciembre de 2015

PRIMEIRA COMIDA NO CHOCO MATEMÁTICO

Déixovos un pequeno vídeo coas fotos da actividade do martes pasado. Máis para adiante publicaremos os vídeos, polo de agora temos que conformarnos con ver as fotos pero non vos van defraudar. Estiveron estupendos!


domingo, 13 de diciembre de 2015

ROTEIRO POR REDONDELA

Para coñecer a nosa localidade, o xoves pasado, fixemos un percorrido polas rúas máis importantes de Redondela. Ademais, fomos recibidos polo Alcalde no Concello e visitamos os Xulgados, onde puidemos entrar nunha sala de vistas, facer preguntas aos xuices e, incluso, conseguimos unhas solicitudes de casamento e partidas de nacemento.
Na praza da Constitución, Reveriano Soutullo..., fixemos probas moi divertidas e acabamos agotados de tanto camiñar.
En fin, unha actividade moi intensa, pero da que aprendimos un montón. Só nos queda darlle as grazas aos veciños de Redondela que nos axudaron a resolver as probas, e os traballadores/as do Concello e o Xulgado por atendernos con tanta amabilidade.



domingo, 29 de noviembre de 2015

PANADEIR@S POR UN DÍA

A semana pasada, o alumnado de 2º fomos á panadería Cruceiro en Nespereira. Pasamos alí toda a mañá, polo que nos deu tempo a facer un montón de cousas: amasamos, fixemos cruasáns, napolitanas, vimos como traballaban os reposteiros facendo un brazo de xitano ou unha torta, déronnos de merendar, ...
Despois levamos un bo cargamento deses produtos para tomar na casa coa familia. Aquí tedes as fotos para que vexades por que chegamos tan sucios/as ao cole.


lunes, 23 de noviembre de 2015

PEONZAS

VISITA DO PAI DE CHRISTIAN AO CHOCO MATEMÁTICO

O pai do noso compañeiro Christian é o xerente do restaurante "A PONTE" de Vigo polo que lle pedimos que nos acompañase unha mañán e contestase ás nosas preguntas. Deste xeito, poderiamos mellorar o noso restaurante. Accedeu a vir o venres pasado e a verdade é que foi moi interesante. Aprendimos moitas cousas sobre o que necesitamos para o O Choco Matemático. 
MOITAS GRAZAS LINO!


CHULAS DE CABAZA NO CHOCO MATEMÁTICO

O martes pasado cociñamos chulas no noso restaurante. Foron todo un éxito e a receita terédela na casa por se a queredes probar dentro de moi pouco.


lunes, 2 de noviembre de 2015

SEMANA DO SAMAÍN

Para festexar o Samaín este ano fixemos uns monstros-chef, unhas momias para alumear e comimos vasoiras de bruxa que fixemos con queixo e pauciños.
Todo isto e moito máis no seguinte vídeo.



domingo, 25 de octubre de 2015

EDUCACIÓN VIARIA EN SEGUNDO

Un ano máis a Dirección Xeral de Tráfico veu a impartir ao noso cole uns obradoiros de educación viaria. Volvemos  contar coas explicacións  e paciencia de Obdulio e as dúas Elenas. Gustaríanos aproveitar para darlles as grazas por este día tan divertido e instructivo.
Dividíronnos en grupos e fixemos de peóns e condutores nun circuito e, por outro lado, ensináronnos o coche patrulla, os chalecos antibalas, balizas...
Grazas tamén ás familias pola vosa colaboración coas bicicletas e cascos.





sábado, 24 de octubre de 2015

DÍA DE INFUSIÓNS NO "CHOCO MATEMÁTICO"

Esta semana fixemos unha ficha dunha carta de tés que nos trouxo María. Por iso preparamos unha pequena degustación dalgunha delas. Por exemplo de rooibos, froitos do bosque, con piña, con ameixa...
A verdade é que non nos gustaron moito pero cheirámolas e recoñecimos moitos olores e sabores
Mirade


domingo, 18 de octubre de 2015

PRIMEIROS TRABALLOS EN VALORES

Presentámosvos os primeiros traballos que fixemos en Valores neste curso. Nas primeiras sesións falamos sobre a familia, debuxámola e escribimos sobre ela, no segundo visionamos unha longametraxe sobre a infancia e a importancia de soñar e debuxamos os nosos soños.


viernes, 25 de septiembre de 2015

miércoles, 23 de septiembre de 2015

RESTAURANTE O CHOCO MATEMÁTICO ABERTO TODO O CURSO

Este ano a aula de 2º A ten aberto o restaurante  O Choco Matemático. Estamos á súa disposición para servirlles as mellores receitas todos os días da semana agás os luns. Ademais dunhas exquisitas especialidades do noso Chef, pronto contaremos cun menú do día. O noso Pinche, Camareiro, Chef e Maitre estarán encantados de atendelos.
Aquí lles amosamos as primeiras fotos do noso local. Aínda estamos empezando pero xa vai tendo forma.

















GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN

viernes, 24 de julio de 2015

NUESTRA INTERPRETACIÓN DE "EL QUIJOTE"

Esta actividad la hicimos en abril, el mes del libro, y aquí está el vídeo montado con nuestra lectura e interpretación de este gran clásico.


jueves, 18 de junio de 2015

VISITA AO ZOO 1º A E 1º C

Como sabedes o pasado 15 de xuño fomos de excursión á Madroa. Tivemos que dividirnos en grupos de 30 alumnos/as polo que no noso grupo fomos os de 1º A máis a metade de 1º C. Deixámosvos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e todo o que vimos.





AS NOSAS PLANTACIÓNS

Presentámosvos as leitugas despois de coidalas desde que as plantamos. Creceron un montón e, moitas delas, están listas para preparar unha boa ensalada nas casas. Mirade...


lunes, 1 de junio de 2015

MANUALIDADES DE ANIMAIS FEITOS CON ROLOS DE PAPEL

Dentro do proxecto educativo dos animais que levamos a cabo durante o segundo e terceiro trimestre reciclamos rolos de papel hixiénico para facer animais. Foi moi fácil. Mira que chulos!


domingo, 24 de mayo de 2015

TULIPÁNS

Como estamos a ver moitas cousas sobre as plantas, entre outras actividades, elaboramos uns tulipáns con caixas de ovos, plastilina e pauciños de brochetas. Quedáronnos chulísimas. Ademais, a profe Paz contounos o conto do tulipán que non quería crecer como Peter Pan e acompañouno con instrumentos musicais. Grazas profe Paz.



O CAZO DE LORENZO

O  mes de maio dedicámosllo á DIVERSIDADE e que mellor maneira de facelo que xutando as clases de Valores cívicos e sociais e de relixión.  Comezamos lendo o conto do Cazo de Lorenzo e a partir del pensamos nas dificultades que algunhas persoas teñen cada  no día a día e tamén nos demos conta que todos temos algunha (os nosos cazos) e intentamos buscarlles unha solución (os bolsos). Ao final quedounos un mural chulísimos que temos no corredor de 1º. Podedes pasar a lelo cando queirades.




miércoles, 13 de mayo de 2015

PROXECTO IOGUR

Estes días estivemos aprendendo como se fai o iogur, mesturando leite e iogur e usando una iogurtera. Tamén vimos como se fai co hongo da leite, chamado kéfir. Probámolo e vimos as diferenzas de sabor e textura e tamen que está moi bo con azucre.

CARREIRA SOLIDARIA

Oxe pasámolo moi ben correndo na alameda e vendo correr os nosos compañeiros, somos uns grandes deportistas. Enhoraboa a tod@s!

COÑECENDO INSTRUMENTOS

jueves, 7 de mayo de 2015

AS PLANTAS

Como sabedes en primeiro estamos co tema das plantas en ciencias naturais. Unha das actividades que levamos a cabo todas as aulas de primeiro foi a de plantar unhas leitugas reciclando os envases dos cartóns de leite.
Contamos con facer unha ensalada para xuño pero co que está chovendo... non sei se non se estragará toda a plantación!
Na nosa aula tamén estamos a facer un experimento para comprobar se é certo iso de que as plantas necesitan sol e auga para viviren. Temos 3 plantas; unha está metida no armario e non lle dá o sol pero regámola, outra dálle o sol pero non a regamos e outra coidámola poñéndoa ao sol e regándoa. Cal delas vivirá? Morrerá algunha? Cal pimeiro?... Polo de agora as 3 están moi ben pero só levamos unha semana co experimento.


EMOCIONES: LA IRA

martes, 5 de mayo de 2015

lunes, 4 de mayo de 2015

sábado, 18 de abril de 2015

LECTURA DE "EL QUIJOTE" EN 1º A

Andiantándonos un pouco á celebración do día do libro na nosa aula xa limos o famoso libro de Cervantes e estamos a coñecer algo máis das súas personaxes. Aquí tedes unhas fotos da lectura compartida que fixemos entre toda a aula.





miércoles, 15 de abril de 2015

2 DE ABRIL, DIA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN DEL AUTISMO

Dentro del día 2 de abril de concienciación del autismo estamos haciendo una campaña de visibilización, información y conciención sobre el autismo. Hemos decorados el colegio y nos hemos quitado muchas fotos.

sábado, 28 de marzo de 2015

EU PASEI 8 RETOS

O xoves pasado tivo lugar o acto de entrega das bandas e premios o alumnado de 1º A que pasaron 8 ou máis retos. Os meus parabéns a tod@s.

RATOS DE QUEIXIÑOS

A semana pasada elaboramos unha receita moi sinxela e curiosa. Como vos imaxinades tiña forma dun animal; o rato. Gustaron bastante, pero sobre todo gustounos facelos. Aquí os podedes ver




viernes, 20 de marzo de 2015

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O pasado xoves 19 fomos ao Salon do Libro. Este ano esta dedicado á ciencia ficción e nos falaron, entre outras cousas, das constelacións, de Newton, do espazo, da relación entre a ficción dos contos e a ciencia etc.
Animámosvos a visitalo calquera destes días
Este víde e da visita de 1º A e metade da aula de 1º C, xa que nos dividiron para levar mellor a visita

<iframe width="560" height="420" src="http://www.kizoa.com/embed-18920702-6006129o1l1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS: OS AVÓS E AS AVOAS

Durante os meses de febreiro e marzo estivemos traballando ao redor das figuras dos nosos avós e avoas.
Aprendimos unha canción, trouxemos fotos da casa e vídeos e amosámolas na aula, fixemos unha pequena árbore xenealóxica... incluso, un dos nosos avós, quixo vir ao cole a contarnos como foi a súa vida.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo.




Como dixemos, CARLOS o avó de Noa e Paula de 1º A veu a visitarnos e contunos un montón de cousas da súa vida. Por exemplo que os seus pais tiñan un muíño cunha panadaría en Sigüenza e explicounos como se facía daquelas o pan. Nós aproveitamos para facer  pan na aula e, non sabedes o rico que nos soubo! Estas son as mellores actividades!.
Moitas grazas á familia de Paula e Noa pola vosa implicación e sobre todo a Carlos por pasar con nós un momento tan especial.



martes, 17 de marzo de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA DE REDONDELA

Invitáronnos a ir a coñecer a biblioteca de Redondela e logo vimo un espectáculo de maxia, que nos gustou moitísimo. Animádevos a ir pola biblioteca, hai moitas sorpresas esperándovos.

lunes, 16 de marzo de 2015

EXPOSICIÓN: VEXO ANIMAIS POR TODAS PARTES

Baseándonos no libro Imaxina animais da editorial Kalandraka creamos a exposición Vexo animais por todas partes! Consiste en ver os obxectos que nos rodean desde outra perspectiva. Temos que deixarnos levar pola nosa imaxinación e ver formas de animais en utensilios, froitas, envases etc que nos rodean.
Este libro ensínamos, por exemplo, que un sacacorchos é un moucho, un interruptor da luz un pingüín... 
Nós xa empezamos a imaxinar e descubrimos o CEPIRIZO, a XIRAFANTA, e a EAU de PORCO.
Invitámosvos a ver a nosa exposición no centro ou neste vídeo, pero, sobre todo, a que nos axudedes a aumentala coas vosas creacións.




viernes, 13 de marzo de 2015

FIXEMOS PAN

Seguindo coas nosas experiencias de aprender as cousas en clase facéndoas nós mesmos, aprendimos como se fai pan coa profe Marina Martínez. Ensinounos cales son os ingredientes necesarios e que cantidades tiñamos que botar de cada un. Logo deixamos que a panificadora fixera o seu traballo e a última comimos o pan. ¡¡ Estaba boísimo¡¡



domingo, 1 de marzo de 2015

ANA ALONSO FAINOS UNHA VISITA

A semana pasada estivo no noso centro Ana Alonso a autora do libro Robo en el circo. Contounos como se fixo escritora, cando empezou a escribir relatos, por que se dedica a isto... e contestou a moitas preguntas interesantes que lle fixemos. Ademais, asinounos os nosos exemplares.

domingo, 22 de febrero de 2015

TEMOS NOVA MASCOTA!

Como o proxeto deste trimestre son OS ANIMAIS, non podía faltar un de verdade na nosa aula. Así que temos mascota. É un canario e chámase OTOÑO. Vai ser responsabilidade de tod@s que se sinta cómodo na nosa clase e tamén teremos que atender ás súas necesidades como ser vivo (alimentación, limpeza, descanso...). Aprenderemos moito grazas a el. Polo de agora xa xurdiron en nós un montón de preguntas que teremos que responder. Esperamos que haxa moitas familias acolledoras de fin de semana.



A PAZ EN VALORES SOCIAIS E CÍVICOS

Durante o mes de xaneiro nas clases de VSC estivemos a tratar o tema da PAZ. Visualizamos varias curtametraxes que versaban sobre valores como a amizade, a familia, a solidadreiedade...Tamén fixemos xogos cooperativos e, por último, elaboramos unha CADEA DE AMIZADE onde cada un de nós tiña que escribir o nome dos seus amigos e amigas construíndo a súa propia cadea que maís tarde uniríase á do esto. Comprobamos que todos xuntos temos máis amigos.





A CASA

Un dos temas que temos que estudar en Ciencias Sociais son as partes das casas. Aquí vai un dos traballos que fixeron para recordar os nomes

ENTROIDO: OS TRASNOS DE 1º A

Déixovos unhas fotos da semana do entroido na aula de 1º A


miércoles, 18 de febrero de 2015

DESFILE DE CARNAVAL 2015

Así vivimos el carnaval en el colegio. Niñ@s de 1º y de 6º trabajaron para hacer el disfraz... fue una experiencia estupenda, ver a los más pequeños recortar, pegando velcros y a los mayores ayudarles y hacer los detalles más complicados. Hasta hubo traje para la pantera rosa.

SAN VALENTÍN 2015

Este año para celebrar el día del amor, San Valentín, preparamos un regalo especial para un compañero de clase. Le escogimos un libro en la biblioteca del colegio, le hicimos un marcapáginas personalizado, le escribimos una carta y para terminar envolvimos todo y decoramos el envoltorio.
Disfrutamos un montón haciendo cada una de las partes, aunque lo que más nos constó fue envolver. Tendremos que practicar más.
FELIZ SAN VALENTÍN PARA TODOS



martes, 17 de febrero de 2015

EMOCIONES: LA TRISTEZA

Seguimos trabajando las emociones. Ahora le ha tocado a LA TRISTEZA.

HASTA SIEMPRE PROFE LOLI

Hicimos una verbena para despedir a la profe Loli que se jubila. Felicidades

MANDATOS DE NANA

Este Entroido Nana mandounos cada día traer postas cosas distintas: un babeiro, un gorro, algo decorando os pés, vir en pixama ou ata cun disfraz. Pasamos unha semana moi divertida.

TRABALLO COOPERATIVO PREPARANDO O ENTROIDO

Estamos preparando o noso disfraz de Peliqueiros e traballamos cooperativamente co@s nen@s de 6º.

EL LIBRO DE MANUEL

Manuel trajo un libro muy especial y personalizado: cuenta qué cosas le gustan.
Lo más bonito fue que nos lo leyó a tod@s y sus compañer@s disfrutaron un montón de esa asamblea. Muchas gracias Manuel.

miércoles, 4 de febrero de 2015

FIXEMOS IOGURES NA CLASE

A profe Alejandra prestounos 2 iogurteiras, e con 2 litros de leite e 2 iogures preparamos 16 oigures. Foi moi divertido mesturar o leite co iogur, bater, poñer nos recipentes.... esperar 1 día... e o mellor chegou no momento de comelos. Gustáronnos moito, inda que a algúns máis que a outros.


XOGAMOS.... A MÉDICOS, A IR DE COMPRAS

Temos estanterías novas, mellor dito recicladas, para montar o noso supermercado e gardar os nosos xogos e manualidades.
Nos recreos pasámolo ben xogando a médicos e facendo a compra.

A CASA. LADRILLO, CEMENTO E TELLA

En sociais traballamos a casa e as súas partes tanto de dentro coma de fóra. Fixemos una maqueta dunha casa e trouxemola acabada de casa. Tamén puidemos coller coa man un ladrillo, unha bolsa con cemento e unha tella de verdade que nos trouxo Marcia. Nunca antes tocáramos estos materiais e gustounos moito a experiencia.

30 de xaneiro. Día da Paz

O venres 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e cantamos unha canción todos xuntos;"Só con 3 letras...escríbese a palabra P A Z..."

E DE MERENDA IOGURES!

              Neste trimestre que acabamos de comezar, a primeira receita que elaboramos foi unha moi sa e que tivo moitísimo éxito: IOGURES.
           Primeiro buscamos os ingredientes nun iogur natural do supermercado e logo puxémonos mans á obra para facelos nós mesmos cunha iourteira actual e outra de cando a profe era pequena (imaxinade cantos anos pasaron!) En fin, quedáronnos riquísimos e incluso puidemos repetir.  BO PROVEITO!

<iframe width="560" height="420" src="http://www.kizoa.com/embed-17644918-2352609o1l1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>   

NADAL 2014/15

Xa fai moito que pasou o Nadal pero tiña pendente subir as fotos. Que ven o pasamos¡¡¡¡

jueves, 15 de enero de 2015

VISITA AO SUPERMERCADO

O pasado mércores 14 de xaneiro todo o alumnado de primeiro fomos de excursión ao supermercado FROIZ. Ao chegarmos alí, cada clase foi facendo o mesmo percorrido pero en distinta orde. A  Primeiro A acompañounos Lorena e empezamos pola parte máis "interesante": a Froitería xa que é alí onde traballa a mamá da nosa compañeira Uxía.  Recibiunos ela e deunos a probar unhas froitas pouco comúns nas nosas casas. Despois fomos á panadaría, ao almacén, á peixaría,  á carnizaría e, por último, á chacinaría.
Por se isto fose pouco, cando rematamos a visita convidáronnos a merendar.
Foi unha gran visita. MOITAS GRAZAS A TODAS POLA ATENCIÓN E AS EXPLICACIÓNS!!




jueves, 8 de enero de 2015

VIAXE EN AVIÓN A MADRID 
9 DE DECEMBRO DE 2014. 1º A

Tiñamos pendente a publicación do vídeo que fixemos da nosa viaxe a Madrid o pasado 9 de decembro. Cabe dicir que foi unha viaxe programada, que formou parte do proxecto educativo de aula titulado "Volando voy volando vengo...", sendo o seu colofón final. Previamente, elaboramos  o noso pasaporte, fixemos as tarxetas de embarque, aprendimos sobre o traballo nun aeroporto,, os controis de seguridade etc...
 Antes de visualizalo, debedes ter en conta que non houbo nin segundas tomas nin ensaios e nin  tan sequera tiñan  o texto previamente. Valorade vós mesmos o resultado final. Son dous vídeos; un de cada grupo:








viernes, 2 de enero de 2015

REPASO PRIMER TRIMESTRE

Hemos acabado l primer trimestre, este lim os permitirá repasar todo lo aprendido. Felices Vacaciones!!!
Gracias a los compañeros de ramón de la sagra por su magnífico trabajo.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails