Outro ano máis celebramos o noso FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS- FIN DE CURSO , este ano dedicadas a Carlos Casares.
Os nenos e nenas de 3º fixemos unha representación titulada "QUEDADA EN SAN SIMÓN". Para nós é moi especial, pois os nenos e nenas escribiron parte do guión. Pasámolo moi ben ensaiando e o día do festival desfrutamos moito.
Aquí vos queda o video.
Os nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º fixeron unha representación da BATALLA DE SAN SIMÓN que estivo xenial
Fotos do día do festival:
Así ensaiaban:
Os compañeiros e compañeiras de 5º tocaron a frauta, cantaron un rap e representaron a obra de Carlos Casares: " As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Os compañeiros/as de 6º fixeron un musical chamado CARLOSVAICASAR.ES. Non volo perdades.
Estamos preparando o vídeo coa actuación do festival. Mentras, aquí queda o vídeo que proxectamos de despedida. É un resumo dos nosos ensaios. Grazas nen@s e pais e nais.
Xa temos os videos do festival. Esperamos que vos gusten, e se queredes unha copia ou as fotos pasádevos polo colexio cun DVD ou un pendrive de máis de 4 GB.
Queríamos facer unha homenaxe a nosa lingua e queríamois que fose moderna e divertida.
Os nen@s do 1º ciclo levaban dende xaneiro preparando este día. Fixeron moitos ensaios, grabacións, aprenderon cancións, coreografías, diálogos.... traballaron moitísimo. E mereceu a pena. Disfrutaron moitísimo representando o Musical "O REI LEÓN" para as súas familias e amigos.
Grazas a todas as familias pola axuda, colaboración, participación, ilusión... que puxéstedes con nós neste proxecto. Sen vós nada sería posible. Para nós e para os vosos fillos quedará grabado nos corazóns o que xuntos vivimos estes meses.
Grazas tamén a todos os compañeiros do centro que se deixaron enrolar neste proxecto.
Grazas a Gema Pérez Luis pola súa axuda nas coreografías e as horas que nos adicou e viu ao colexio a ensaiar con nós.
Aquí quedan as fotos e videos do vivido todos estes meses e ese día.