viernes, 30 de junio de 2017

FESTA DE FIN DE CURSO

O último día do curso, 23 de xuño, tivemos a festa de fin de curso que organizou a ANPA Ernestina Otero. Poidemos ver unha exhibición das actividades extratescolares do centro e logo estivemos xogando. Xogamos con xogos de madeira, con xogos de auga e nos inchables. A media mañá merendamos. Pasámolo xenial. Agora ímonos de vacacións de verán.

ATA O CURSO QUE VÉN¡¡¡¡¡



lunes, 26 de junio de 2017

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS E FIN DE CURSO 2017. 3º NIVEL

Outro ano máis celebramos o noso FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS- FIN DE CURSO , este ano dedicadas a Carlos Casares.
Os nenos e nenas de 3º fixemos unha representación titulada "QUEDADA EN SAN SIMÓN". Para nós é moi especial, pois os nenos e nenas escribiron parte do guión. Pasámolo moi ben ensaiando e o día do festival desfrutamos moito.
Aquí vos queda o video.





Estas son as fotos dos ensaios:


FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS- FIN DE CURSO. C.E.P. SANTA MARIÑA. REDONDELA

Os nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º fixeron unha representación da BATALLA DE SAN SIMÓN que estivo xenial


Fotos do día do festival:





Así ensaiaban:

Os compañeiros e compañeiras de 5º tocaron a frauta, cantaron un rap e representaron a obra de Carlos Casares: " As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"



Os compañeiros/as de 6º fixeron un musical chamado CARLOSVAICASAR.ES. Non volo perdades.




viernes, 9 de junio de 2017

SEMANA DA CIENCIA

Esta semana tivemos a SEMANA DA CIENCIA no colexio. Vimos os videos dos experimentos feitos polos nosos compañeiros e compañeiras, e logo tiñamos unha exposición de como se facían.
Coma todos os anos, poidemos ver mostras no microcopio e o material de laboratorio exposto. Os nen@s de 5º tamén elaboraron unha pirámide alimenticia e os de 6º uns conecta sobre o corpo humano. Tamén estaban algunhas das máquinas elaboradas polos nenos e nenas de 3º. Todo era "chulísimo". O ano que ven, máis. Grazas a todos os científicos e científicas.


VISITOUNOS RAMÓN CARIDE


miércoles, 7 de junio de 2017

DÍA DA FROITA

A ANPA Ernertina Otero organizou o día da froita. Poidemos degustar rica e sa froita e repetir. Moitas grazas.


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails