miércoles, 30 de diciembre de 2009

COMENDO GUSANITOS

Nós xa celebramos as 12 campanadas de fin de ano comendo gusanitos.
video

PREPARANDO A DECORACIÓN DE NADAL

Durante o mes de decembro aproveitamos todos os momentos libres que tiñamos, recreos incluidos, para preparar a decoración de nadal da nosa clase o do corredor. Fixemos pinzas de cores con miniaturas de nadal decorándoas, tarxetas de nadal con desexos, un Papá Noel xigante onde colocamos esas tarxetas coas pinzas, fixemos anxos e bólas de papel de seda que colgamos polo corredor facendo guirnaldas. Tamén coloreamos moitos debuxos do nadal para pór polas paredes.
QUEDOUNOS TODO MOI BONITO




jueves, 10 de diciembre de 2009

TEMPO SEMANAL NA PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA

Todos os martes imos a nosa aula de informática e alí traballamos coa PDI. Aproveitamos para repasar os contidos xa dados, os que estamos a traballar na clase e tamén os capítulos lidos no libro do "piojo".

miércoles, 9 de diciembre de 2009

MATEMÁTICAS

Enlaces para repasar contidos desta primeira avaliación de matemáticas:

xogos matemáticos
sumas e restas con levadas
sumas e restas con levadas 2


Non vos esquezades de practicar as medidas de capacidade: o litro


Descárgate a ficha feita na clase.

1 litro = 2 medios litros

Medio litro= 2 cuartos de litro

1 litro= 4 cuartos de litro

DÍA DA CONSTITUCIÓN 2009

Tivemos 4 días de vacación seguidos. É a ponte polo día da Constitución, polo que o venres día 4 de decembro fixemos unha actividad especial para aprender cousas sobre a constitución. Primeiro fomos á pizarra dixital e vimos unha presentación sobre a constitución española. Despois a profe Gloria leu un conto sobre o vida da constitución e para rematar fixemos un poster co que acabaramos de aprender. Todos levamos o conto para casa para ler cos nosos pais.


martes, 8 de diciembre de 2009

AMORIÑOS COLLÍN



Tod@s fixemos un debuxo sobre a cantiga de "Amoriños collín". O problema viu cando tivemos que elexir un para o calendario do colexio e todos nos gustaban. Así que decidimos facer un "collage" con todos e este foi o resultado. Quedounos moi bonito e ten un pouquiño de cada un.

A BOTICA DAS PLANTAS

Cada nen@ trouxo da súa casa unha ficha sobre unha herba mediciñal. Este é un traballo que están facendo todos os nen@s do colexio.
Estas son as nosas

A EXCURSIÓN AO ALCAMPO

A finales de outubro fomos de excursión ao Alcampo. Ensináronnos a zona de pastelería e alí amasamos pan, vimos como se facía unha torta... logo vimos a carnicería, a peixería, a zona onde acumulan o lixo para reciclar e por último ensináronnos unha bolsa reutilizable.

A OBRA DE TEATRO EN INGLÉS

video

lunes, 7 de diciembre de 2009

A RODA DOS ALIMENTOS

Fixemos 3 grupos, recortamos alimentos e fixemos a roda dos alimentos.
Logo usámola para repasar os contidos do tema. Pasámolo moi ben
Aquí pos deixo algúns enlaces interesantes:
Xoga cunha roda dos alimentos
Amplía a información sobre a roda alimentaria
Actividades variadas sobre a alimentación

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails