domingo, 7 de junio de 2009

A PIZARRA DIXITAL, TRABALLANDO NELA

Aquí a profe Bea explícanos como se fan na pizarra as actividades













Alda sae a poñer a data











Eric leva un peixe aos alimentos Pablo Rodríguez leva o plátano ao saco dos alimentos Sofia pénsao un pouco Leva o osiño ao saco dos non alimentos Noemi marcando alimentos de orixe animal Ainoa marcando vexetais Pablo Baños Carolina Sara e Claudia bailaron o karaoke " Soy una taza"

video

O LIBRO DO COLEXIO: XOGOS TRADICIONAIS

Tódolos anos no colexio faise un libro. Cada clase aporta algo. Este ano escolleuse como tema os xogos tradicionais. Na nosa clase fixemos xogos con materiais de refugallo.



Noemi, Sergio,Ángel e Ainoa fixeron un teléfono móbil.









Carolina, Sofía, Pablo Baños e Luis fixeron un paracaidas co seu paracaidista e todo.













Gabriel, Alda, Carla e Brais fixeron un "metedentro"














Pablo Rodríguez e Raul fixeron os peixiños, e Sara e Miguel a caixa para metelos. Así construímos o noso xogo de pescar.



Podedes ver o libro rematado na biblioteca do centro. Esperamos que vos guste.

2009, ANO ASTRONÓMICO

Este ano é o ano internacional de astronomía e no primeiro ciclo fixemos no noso pasillo o sistema solar.
Na revista do colexio saldrá un artigo feito por todos nós falando dos planetas. Esperamos que vos guste.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

E chegou o 26 de maio, e marhamos ao Grove. Na ida, sacando algún mareo, pasámolo moi ben no autobús. Primeiro fomos a visitar o acuario e logo fomos a pasear pola ría de Arousa en catamarán. Fomos na parte de arriba e merendamos alí. Paráronnos xunto a unha batea e baixamos á parte de abaixo do catamarán, que tiña uns vidros por medio dos cales vimos fondo do mar. Había peixes e estaban as cordas da batea cos mexilóns. Foi "Alucinante". Despois subimos á área recreativa A Silladeira e alí comimos todos xuntos. Fartámonos de xogar a correr, coas pelotas, cordas... Chegara a hora de voltar acasa. Cada un para o seu autobús e acurrucados a maioría viñemos durmindo pois estabamos esgotados. Esa é a foto do grupo.
video

sábado, 6 de junio de 2009

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Inda que xa pasaron unhas semanas imos a ver as fotos do día que no cole celebramos o Día das Letras Galegas. Lembrar que este ano dedicoúselle o día a Ramón Piñeiro e podedes ver unhas fichas dun cuadernillo sobre el que traballamos en clase. Na actuación nós cantamos unha cantiga cos nosos compañeiros de 1º A, a mestra Coral foi a encargada de ensaiarnos e inda que o día da actuación case non se nos escoitou por estaren os micros colocados moi arriba, hai que dicir que o fixemos moi ben.
video

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails