jueves, 28 de abril de 2016

CONTACONTOS

Como nos gustan tanto os contos  dende a biblioteca en colaboración coa ANPA convidamos a que os país veñan a contar contos. Así foi como Nacho viu a contarnos un conto. Moitas Grazas.

viernes, 22 de abril de 2016

XOGAMOS CON IMÁNS

No tema de naturais estivemos falando dos imáns e Naira tróuxonos un xogo de imáns que tiña na casa. Estivemos facendo formas e figuras. Foi moi divertido.

domingo, 17 de abril de 2016

AS PROFESIÓNS: CARLOS; O AVÓ DE CARLA

A semana pasada pasou pola nosa aula Carlos o avó de Carla. Contounos que empezou a traballar de moi novo, con tan só 16 anos e que tivo dous oficios o de carniceiro e o de vendedor de electrodomésticos.
A mensaxe que nos transmitiu foi a de estudar moito e que todas as profesións son dignas xa que todas son necesarias para a sociedade e temos que exercelas con profesionalidade e responsabilidade.
Como bo avó que é deunos lambetadas a todos e nós respondimos cun abrazo colectivo.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA CARLOS!



lunes, 11 de abril de 2016

MP MB

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua/aprende_mp_mb/visor.swf



http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua_sant_ana/mp_mb_2.swf

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua_sant_ana/MP_MB.swf





http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/activi_bromera/m1.htm

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/activi_bromera/m2.htm

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/activi_bromera/m3.htm

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/activi_bromera/m4.htm

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/ortografia/regla_10/regla10.htm

LAPBOOK SOBRE AS PLANTAS

domingo, 10 de abril de 2016

AS PROFESIÓNS: AUXILIAR DE DENTISTA

O xoves pasado foi Paula, a mamá de Elía, quen pasou pola nosa aula e contounos que é o que fai ela no seu traballo.
Tróuxonos unha chea de utensilios que hai nunha clínica dental e, coma sempre, aprendimos un montón.
GRAZAS PAULA.




AS PROFESIÓNS: QUE É UNHA MATRONA ?

A nai de Paula e Noa é matrona e veu á nosa aula a explicarnos en que consiste este oficio.  Con ela acudíu Anuska, a tía de Xiana que está embarazada de aproximadamente 7 meses.
Aprendimos un montón de cousas, fixemos moitas preguntas e puidemos tocar unha placenta, escoitar o corazón dun feto, ver ecografías... Vamos que foi impresionante.
MOITAS GRAZAS AS DÚAS E ESPERAMOS COÑECER A PAULA CANDO NAZA EN XUÑO.



AS PROFESIÓNS: A VISITA DO TÍO DE CANDELA

A semana pasada visitounos o tío de Candela e mirade que caras...!


QUEN PODE PROVOCAR ESTAS RISAS?

Hai oficios que son especiais para todos e, sobre todo para os nenos, e unha delas  é a de titiriteiro. En Redondela temos a unha das compañías máis antigas e importantes do país; TANXARINA e na nosa aula temos a sorte de ter a Candela que é sobriña dun dos tres compoñentes que forman esta agrupación.
Con Miguel aprendimos moitas cousas como que para traballar como titiriteiro tes que ser artesán, actor, escritor, un gran lector e ter moitas ganas de facer gozar o público. Con nós, desde logo conseguiuno.

A PROFESIÓN DE TITIRITEIRO

Deixámosvós cun vídeo de algúns dos mellores momentos que pasamos con Miguel Borines a semana pasada.  MOITAS GRAZAS MIGUEL.





sábado, 2 de abril de 2016

EL VERBO

AUDICIÓN Y LENGUAJE: GRAMÁTICA ADAPTADA (CARTELES/ACTIVIDADES): EL VERBO 2:




http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/abril/tema2-3/actividades/lengua/verbo_tiempo/index.swf

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/actividades_una_una/lengua/aprende_verbo2.swf

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua_sant_ana/verbo_presente.swf

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua_sant_ana/verbo2.swf

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua_sant_ana/verbo_pasado.swf


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails