sábado, 28 de mayo de 2016

COCIÑAMOS BROWNIE E CANAPÉS

O noso restaurante sigue en marcha e nesta ocasión cociñamos un brownie feito no microondas e canapés variados. Dividímonos en 2 grupos e cada un deles elaborou unha das dúas receitas. Ambas sairon moi ben e foron moi sinxelas de facer. Cando levemos o proxeto para casa terémolas para repetilas cantas veces queiramos. BO PROVEITO!

AS PROFESIÓNS: ARTESÁNS DE COIRO

A semana pasada viñeron Hugo e Diana, familiares da nosa compañeira Carla. Eles teñen un obradoiro de coiro e fan artículos tan variados coma pulseiras, bolsos, mochilas, fundas de axendas, .. Explicáronnos como escollían as peles para cada cousa, como se tiñen, que ferramentas empregan... Ademais trouxéronnos coiros diferentes, moitos utensilios e traballos feitos por eles para que puidesemos velos e tocalos. Tamén fixeron, en vivo e en directo para cada un de nós un marcapáxinas personalizado. Moitas grazas


miércoles, 25 de mayo de 2016

MAQUINAS

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEGUNDO/datos/03_cmedio/03_Recursos/actividades/06/act1.htm




http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/febrero/tema4/actividades/actividades_una_una/cono/maquinas_3.swf

http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/febrero/tema4/actividades/actividades_una_una/cono/maquinas.swf


http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/febrero/tema4/actividades/actividades_una_una/cono/cancion_maquinas_herramientas_materiales.swf

sábado, 21 de mayo de 2016

CARTAS QUE VEÑEN E VAN

As nosas cartas xa están en camiño...

FOMOS AOS TÍTERES

Fomos ao Multiusos a ver a "Historia do vello lobo". Foi divertidísimo


IMOS XOGAR

Os martes e mércores temos xogos organizados no patio de 1º e 2º. É unha actividade preparada polas mestras do Grupo de Traballo do colexio que xunto cos/coas nenos/as de 6º xogan con nós a xogos coma: gato-rato, as chapas, a araña, as 4 esquinas...
Pasámolo xenial.

AS NOSAS FABAS MEDRARON MOITO

domingo, 8 de mayo de 2016

VISITA Á CLÍNICA VETERINARIA SANTA MARIÑA

O xoves pasado todo segundo fomos de visita á clinica veterinaria Santa Mariña. Dividíronnos en grupos e fomos pasando polas diferentes instalacións da clínica. Así, puidemos ver as consultas e o tipo de traballos que adoitan  facer alí, o quirófano, a sala de raios...
Ademais, deixáronnos escoitar polo fonendoscopio o corazón dun can, ver embrións, ecografías...
En fin que aprendemos un montón, ensináronnos con moita paciencia e por se isto fose pouco déronnos un agasallo a cad aun. MIL GRAZAS a Sandra, Paula, Marta e Paula.

MURAL CON ESTAMPACIÓNS DE FROITAS E HORTALIZAS

Na clase de 2º A estivemos renovando o noso mural da entrada á aula e a semana pasada fixemos  un novo cunha técnica moi divertida.
Empregamos mazás, cenorias, cebolas, patacas, limóns... para crear debuxos con témpera. Fixemos 3 grupos e cada un deles encargouse dunha parte do mural no que podiamos compoñer o que quixesemos pero utilizando só, a modo de "pincel", as comidas que antes mencionamos. Este foi o resultado.

PLANTACIÓNS EN SEGUNDO

Esta semana plantamos sementes de plantas aromáticas na aula. A ver se crecen rápido e nos dá tempo a ver algo da s plantas antes de que remate o curso.


O CEP SANTA MARIÑA ACUDE AO REDONDELA EN CURTO

Hai unhas semanas celebrouse na  nosa vila o XII FESTIVAL NACIONAL DE CURTAMETRAXES de Redondela. O noso cole foi convidado pola asociación ANDAINA a participar nel e fomos ver varias curtas dedicadas á inclusión.
Gustáronnos un montón e fixéronnos pensar que doado o temos algúns no día a día e que complicado outros e en como poder facer para que tod@s o teña mos mais fácil.
Ademais, tivemos unha sorpresa pois a antiga orientadora do centro Eva Rivas foi que nos presentou as películas.


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails