jueves, 15 de enero de 2015

VISITA AO SUPERMERCADO

O pasado mércores 14 de xaneiro todo o alumnado de primeiro fomos de excursión ao supermercado FROIZ. Ao chegarmos alí, cada clase foi facendo o mesmo percorrido pero en distinta orde. A  Primeiro A acompañounos Lorena e empezamos pola parte máis "interesante": a Froitería xa que é alí onde traballa a mamá da nosa compañeira Uxía.  Recibiunos ela e deunos a probar unhas froitas pouco comúns nas nosas casas. Despois fomos á panadaría, ao almacén, á peixaría,  á carnizaría e, por último, á chacinaría.
Por se isto fose pouco, cando rematamos a visita convidáronnos a merendar.
Foi unha gran visita. MOITAS GRAZAS A TODAS POLA ATENCIÓN E AS EXPLICACIÓNS!!




jueves, 8 de enero de 2015

VIAXE EN AVIÓN A MADRID 
9 DE DECEMBRO DE 2014. 1º A

Tiñamos pendente a publicación do vídeo que fixemos da nosa viaxe a Madrid o pasado 9 de decembro. Cabe dicir que foi unha viaxe programada, que formou parte do proxecto educativo de aula titulado "Volando voy volando vengo...", sendo o seu colofón final. Previamente, elaboramos  o noso pasaporte, fixemos as tarxetas de embarque, aprendimos sobre o traballo nun aeroporto,, os controis de seguridade etc...
 Antes de visualizalo, debedes ter en conta que non houbo nin segundas tomas nin ensaios e nin  tan sequera tiñan  o texto previamente. Valorade vós mesmos o resultado final. Son dous vídeos; un de cada grupo:








viernes, 2 de enero de 2015

REPASO PRIMER TRIMESTRE

Hemos acabado l primer trimestre, este lim os permitirá repasar todo lo aprendido. Felices Vacaciones!!!
Gracias a los compañeros de ramón de la sagra por su magnífico trabajo.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails