domingo, 29 de noviembre de 2015

PANADEIR@S POR UN DÍA

A semana pasada, o alumnado de 2º fomos á panadería Cruceiro en Nespereira. Pasamos alí toda a mañá, polo que nos deu tempo a facer un montón de cousas: amasamos, fixemos cruasáns, napolitanas, vimos como traballaban os reposteiros facendo un brazo de xitano ou unha torta, déronnos de merendar, ...
Despois levamos un bo cargamento deses produtos para tomar na casa coa familia. Aquí tedes as fotos para que vexades por que chegamos tan sucios/as ao cole.


lunes, 23 de noviembre de 2015

PEONZAS

VISITA DO PAI DE CHRISTIAN AO CHOCO MATEMÁTICO

O pai do noso compañeiro Christian é o xerente do restaurante "A PONTE" de Vigo polo que lle pedimos que nos acompañase unha mañán e contestase ás nosas preguntas. Deste xeito, poderiamos mellorar o noso restaurante. Accedeu a vir o venres pasado e a verdade é que foi moi interesante. Aprendimos moitas cousas sobre o que necesitamos para o O Choco Matemático. 
MOITAS GRAZAS LINO!


CHULAS DE CABAZA NO CHOCO MATEMÁTICO

O martes pasado cociñamos chulas no noso restaurante. Foron todo un éxito e a receita terédela na casa por se a queredes probar dentro de moi pouco.

video

lunes, 2 de noviembre de 2015

SEMANA DO SAMAÍN

Para festexar o Samaín este ano fixemos uns monstros-chef, unhas momias para alumear e comimos vasoiras de bruxa que fixemos con queixo e pauciños.
Todo isto e moito máis no seguinte vídeo.


video

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails