jueves, 17 de diciembre de 2015

PRIMEIRA COMIDA NO CHOCO MATEMÁTICO

Déixovos un pequeno vídeo coas fotos da actividade do martes pasado. Máis para adiante publicaremos os vídeos, polo de agora temos que conformarnos con ver as fotos pero non vos van defraudar. Estiveron estupendos!

video

domingo, 13 de diciembre de 2015

ROTEIRO POR REDONDELA

Para coñecer a nosa localidade, o xoves pasado, fixemos un percorrido polas rúas máis importantes de Redondela. Ademais, fomos recibidos polo Alcalde no Concello e visitamos os Xulgados, onde puidemos entrar nunha sala de vistas, facer preguntas aos xuices e, incluso, conseguimos unhas solicitudes de casamento e partidas de nacemento.
Na praza da Constitución, Reveriano Soutullo..., fixemos probas moi divertidas e acabamos agotados de tanto camiñar.
En fin, unha actividade moi intensa, pero da que aprendimos un montón. Só nos queda darlle as grazas aos veciños de Redondela que nos axudaron a resolver as probas, e os traballadores/as do Concello e o Xulgado por atendernos con tanta amabilidade.



LinkWithin

Related Posts with Thumbnails