Preparádevos que este venres empezan os experimentos. Temos unha exposición do material de laboratorio e un microscopio onde poderemos ver cousas interesantes. Tamén observaremos o ciclo da auga.
Os experimentos serán sobre o poder que ten a calor. Non volos perdades. Un saúdo dende o departamento de laboratorio.
O luns 31 de marzo tivemos a visita de dous rapaces, Sabela e Mingos, que nos contaron moitas cousas sobre dous instrumentos: a guitarra e o piano. Aprendimos moitísimo e cantamos moitísimo máis. Volvede canso queirades.
O mércores 26 de marzo fixemos unha excursión estupenda. Primeiro fomos en barco ata o peirao de Chapela. Vimos bateas e pasamos por debaixo da ponte de Rande. Logo visitamos o Museo de Meirande e aprendimos moito da batalla de Rande. Por último, volvimos en barco a paramos na Illa de San Simón e San Antón. Gustounos moitísimo. Na clase limos un libro dunha historia na Illa de San Simón.
Poder pasar este día con mis alumn@s celebrando que el amor es bonito, es amistad, es paz, es compartir, es..... MARAVILLOSO. No os olvideis de regarlo todos los días.
O día 20 de decembro, tivemos unha visita moi especial, as súas maxestades fixeron un alto no camiño para virnos visitar, estábamos moi emocionados e tamen moi ledos porque remataban as clases e podíamos disfrutar duns días en familia.
Grazas a Xurxo Valcarcel por contarnos tantas cousas interesantes sobre o Apalpador e a Serra de Caurel. E tamen grazas a Lucas e Mirian por amenizarnos con boa música.