domingo, 18 de mayo de 2014

lunes, 28 de abril de 2014

SEMANA DA CIENCIA 2014.O PODER DA CALOR

Este ano a semana da ciencia adicámola ao poder da calor. Fixéronse moitísimos experimentos e aquí vos deixo as fotos dos nen@s do 1º ciclo que fixeron experimentos.


Neste video aparecen os experimentos que foron feitos por nenos e nenas do 1ºciclo.



Neste video están todos os experimentos que grabamos e na presentación tooooooooodas as fotos. 








domingo, 27 de abril de 2014

2 DE ABRIL DO 2014





DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

SEMANA DO LIBRO

Fixemos unhas árbores coas tarxetas onde puxemos o título dun libro lido.




ORDENANDO A CLASE

O último día antes de irnos de vacacións de semana santa decidimos deixar a clase ben ordenada. Ordenamos as nosas mesas, os libros e os xoguetes. Pasámolo moi ben traballando xuntos.




Tamén celebramos o aniversario de Mariela. FELICIDADES

REPASANDO A TÁBOA

Estamos a voltas coa táboa de multiplicar. Xa sabedes que no blog tedes moitos xogos para practicalas.
Pincha no debuxo para practicar as táboas



Na clase temos este material para elaboralas nós sós.




jueves, 3 de abril de 2014

3ª SEMANA DA CIENCIA. O PODER DA CALOR

Preparádevos que este venres empezan os experimentos. Temos unha exposición do material de laboratorio e un microscopio onde poderemos ver cousas interesantes. Tamén observaremos o ciclo da auga.
Os experimentos serán sobre o poder que ten a calor. Non volos perdades. Un saúdo dende o departamento de laboratorio.

COÑECENDO O PIANO E A GUITARRA

O luns 31 de marzo tivemos a visita de dous rapaces, Sabela e Mingos, que nos contaron moitas cousas sobre dous instrumentos: a guitarra e o piano. Aprendimos moitísimo e cantamos moitísimo máis. Volvede canso queirades.






EXCURSIÓN AO MUSEO DE MEIRANDE E ILLA DE SAN SIMÓN

O mércores 26 de marzo fixemos unha excursión estupenda. Primeiro fomos en barco ata o peirao de Chapela. Vimos bateas e pasamos por debaixo da ponte de Rande. Logo visitamos o Museo de Meirande e aprendimos moito da batalla de Rande. Por último, volvimos en barco a paramos na Illa de San Simón e San Antón. Gustounos moitísimo. Na clase limos un libro dunha historia na Illa de San Simón.





domingo, 16 de marzo de 2014

CONTACONTOS

O xoves viu Celso a contarnos uns contos e ensinarnos cancións. Pasámolo xenial

Aquí vos deixo uns anacos das cancións que cantamos





jueves, 6 de marzo de 2014

miércoles, 19 de febrero de 2014

14 DE FEBRERO

Poder pasar este día con mis alumn@s celebrando que el amor es bonito, es amistad, es paz, es compartir, es..... MARAVILLOSO. No os olvideis de regarlo todos los días.



lunes, 27 de enero de 2014

Visita das S.S.M.M os Reis

O día 20 de decembro, tivemos unha visita moi especial, as súas maxestades fixeron un alto no camiño para virnos visitar, estábamos moi emocionados e tamen moi ledos porque remataban as clases e podíamos disfrutar duns días en familia.

Halloween

Aquí van as fotos do halloween, os zombies invadiron o colexio, que medo, ....

martes, 14 de enero de 2014

Obra os tres porquiños

O luns 13 de xaneiro, os nenos de primeiro fumos a ver a obra os tres porquiños, ... e grabounos a TVG e aquí está a reportaxe para que a disfrutedes,

Reportaxe

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails