domingo, 7 de junio de 2009

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

E chegou o 26 de maio, e marhamos ao Grove. Na ida, sacando algún mareo, pasámolo moi ben no autobús. Primeiro fomos a visitar o acuario e logo fomos a pasear pola ría de Arousa en catamarán. Fomos na parte de arriba e merendamos alí. Paráronnos xunto a unha batea e baixamos á parte de abaixo do catamarán, que tiña uns vidros por medio dos cales vimos fondo do mar. Había peixes e estaban as cordas da batea cos mexilóns. Foi "Alucinante". Despois subimos á área recreativa A Silladeira e alí comimos todos xuntos. Fartámonos de xogar a correr, coas pelotas, cordas... Chegara a hora de voltar acasa. Cada un para o seu autobús e acurrucados a maioría viñemos durmindo pois estabamos esgotados. Esa é a foto do grupo.
video

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails