jueves, 15 de enero de 2015

VISITA AO SUPERMERCADO

O pasado mércores 14 de xaneiro todo o alumnado de primeiro fomos de excursión ao supermercado FROIZ. Ao chegarmos alí, cada clase foi facendo o mesmo percorrido pero en distinta orde. A  Primeiro A acompañounos Lorena e empezamos pola parte máis "interesante": a Froitería xa que é alí onde traballa a mamá da nosa compañeira Uxía.  Recibiunos ela e deunos a probar unhas froitas pouco comúns nas nosas casas. Despois fomos á panadaría, ao almacén, á peixaría,  á carnizaría e, por último, á chacinaría.
Por se isto fose pouco, cando rematamos a visita convidáronnos a merendar.
Foi unha gran visita. MOITAS GRAZAS A TODAS POLA ATENCIÓN E AS EXPLICACIÓNS!!




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails