viernes, 20 de marzo de 2015

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS: OS AVÓS E AS AVOAS

Durante os meses de febreiro e marzo estivemos traballando ao redor das figuras dos nosos avós e avoas.
Aprendimos unha canción, trouxemos fotos da casa e vídeos e amosámolas na aula, fixemos unha pequena árbore xenealóxica... incluso, un dos nosos avós, quixo vir ao cole a contarnos como foi a súa vida.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo.

video



Como dixemos, CARLOS o avó de Noa e Paula de 1º A veu a visitarnos e contunos un montón de cousas da súa vida. Por exemplo que os seus pais tiñan un muíño cunha panadaría en Sigüenza e explicounos como se facía daquelas o pan. Nós aproveitamos para facer  pan na aula e, non sabedes o rico que nos soubo! Estas son as mellores actividades!.
Moitas grazas á familia de Paula e Noa pola vosa implicación e sobre todo a Carlos por pasar con nós un momento tan especial.

video


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails