jueves, 7 de mayo de 2015

AS PLANTAS

Como sabedes en primeiro estamos co tema das plantas en ciencias naturais. Unha das actividades que levamos a cabo todas as aulas de primeiro foi a de plantar unhas leitugas reciclando os envases dos cartóns de leite.
Contamos con facer unha ensalada para xuño pero co que está chovendo... non sei se non se estragará toda a plantación!
Na nosa aula tamén estamos a facer un experimento para comprobar se é certo iso de que as plantas necesitan sol e auga para viviren. Temos 3 plantas; unha está metida no armario e non lle dá o sol pero regámola, outra dálle o sol pero non a regamos e outra coidámola poñéndoa ao sol e regándoa. Cal delas vivirá? Morrerá algunha? Cal pimeiro?... Polo de agora as 3 están moi ben pero só levamos unha semana co experimento.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails