Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de noviembre de 2015

VISITA DO PAI DE CHRISTIAN AO CHOCO MATEMÁTICO

O pai do noso compañeiro Christian é o xerente do restaurante "A PONTE" de Vigo polo que lle pedimos que nos acompañase unha mañán e contestase ás nosas preguntas. Deste xeito, poderiamos mellorar o noso restaurante. Accedeu a vir o venres pasado e a verdade é que foi moi interesante. Aprendimos moitas cousas sobre o que necesitamos para o O Choco Matemático. 
MOITAS GRAZAS LINO!


domingo, 1 de marzo de 2015

ANA ALONSO FAINOS UNHA VISITA

A semana pasada estivo no noso centro Ana Alonso a autora do libro Robo en el circo. Contounos como se fixo escritora, cando empezou a escribir relatos, por que se dedica a isto... e contestou a moitas preguntas interesantes que lle fixemos. Ademais, asinounos os nosos exemplares.

domingo, 26 de octubre de 2014

SESIÓNS LITERARIAS

Durante estes primeiros meses na hora de lectura estivemos lendo os libros que trouxemos da casa aos nosos compañeiros e compañeiras. Uns eran de aimais, outros de princesas, outros de personaxes de televisión... cada quen contou o que quixo. Algúns leron os contos como lectores expertos e outros contáronnos a súa versión, pero comprobamos que os libros están nas nosas vidas e teñen moito que contarnos. Son momentos de lecer en grupo. Aquí quedan algunhas fotos destes momentos. Pronto daremos paso a unhas novas sesións literarias aínda máis interesantes.

miércoles, 1 de octubre de 2014

SESIÓNS LITERARIAS EN 1º A

Durante a "hora de ler" estamos levando a cabo sesións literarias grazas aos libros que lles pedimos aos rapaces e rapazas que trouxeran da casa.
Como polo de agora a lectura, en silencio e de xeito individual aínda non lles atrae, aproveitamos para dar comezo a estas tertulias literarias. É un momento no que algún dos nosos compañeios ou compañeiras conta a historia do libro que trouxo e que tanto lle gusta.
Algúns optan por lelo, outros, en cambio, prefiren deleitarnos coa súa versión sobre os feitos. Este último, é o caso de Lucas, quen nos animou co conto titulado Caillou viaja en avión e aproveitei para gravalo porque, ademais de non ter desperdicio, é un claro exemplo de como o importante neste momento non é tanto ler correctamente como si interesarnos polos libros, a lectura e as aventuras que nos contan. Adiántovos que non hai pilotos e azafatas de avión senón directores e directoras... Síntoo,  pero era demasiado longo e pesaba moito polo que só está un trociño do conto.







viernes, 21 de septiembre de 2012

viernes, 12 de marzo de 2010

ADIVIÑA CANTO TE QUERO¡¡¡ Clube de lectores

Dende que se celebrou o día dos namorados,en febreiro, adicámonos a ler o libro "Adiviña canto te quero" de Sam McBratney. Cada día o levamos un para casa e o limos coa nosa familia e/ou amigos.
Tras esto fixemos a 1ª reunión do Clube de Lectura da biblioteca do colexio, O Moucho. Pasámolo moi ben e por riba comimos un biscoito que estaba "delicioso".
A lectura e os dulces son bos amigos.



miércoles, 10 de marzo de 2010

SALIMOS NO PERIÓDICO

No suplemento so Atlantico diario publicaron unhas fotos da nosa biblioteca onde saíamos os nen@s de 2º A e B lendo.

martes, 29 de septiembre de 2009

Sssss... estamos lendo¡¡¡

O NOSO RATO DE LECTURA.Dende a biblioteca mandáronnos o cofre de lectura e tras elexir un libro puxémonos a ler. Imos a dedicarlle 20 munitos todos os días ata que leamos todos os libros do cofre, e despois iremos a por máis.
Na casa debedes de facer o mesmo: TER O VOSO RATO DE LECTURA DIARIO.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails