domingo, 27 de marzo de 2016

O BANQUETE NO RESTAURANTE "O CHOCO MATEMÁTICO"

Tras a ceremonia tivo lugar unha gran celebración no noso restaurante." O Choco Matemático" soubo estar á altura e o persoal traballou mellor ca nunca.  As mesas estaban preparadas co nome de cada un dos invitados/as e co menú que se ía servir. Ademais, tiñamos contratado un pincha, que nos amenizou a velada e sobretodo nos animou no baile posterior. Tamén hai que dicir que o traballo do fotógrafo foi moi importante e o comprobaredes vós mesmos visionando estes vídeos que gravou el mesmo.
Non vos perdades este vídeo porque nel hai de todo,  desde os pinchos iniciais ata o corte da torta e a "barra libre"... Impresionante!  Pasámolo xenial (como ten que ser nunha voda).




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails