sábado, 30 de abril de 2016
viernes, 29 de abril de 2016
PLANTAMOS SEMENTES DE PLANTAS AROMÁTICAS
Plantamos sementes de plantas aromáticas e imos a coidalas para que crezcan e á final de curso poder levalas para casa.
jueves, 28 de abril de 2016
CONTACONTOS
Como nos gustan tanto os contos dende a biblioteca en colaboración coa ANPA convidamos a que os país veñan a contar contos. Así foi como Nacho viu a contarnos un conto. Moitas Grazas.
miércoles, 27 de abril de 2016
viernes, 22 de abril de 2016
XOGAMOS CON IMÁNS
No tema de naturais estivemos falando dos imáns e Naira tróuxonos un xogo de imáns que tiña na casa. Estivemos facendo formas e figuras. Foi moi divertido.
jueves, 21 de abril de 2016
LAPBOOK DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Este tema xa o dimos o ano pasado e este ano decidimos facer un lapbook. Quedounos moi chulo.
domingo, 17 de abril de 2016
AS PROFESIÓNS: CARLOS; O AVÓ DE CARLA
A semana pasada pasou pola nosa aula Carlos o avó de Carla. Contounos que empezou a traballar de moi novo, con tan só 16 anos e que tivo dous oficios o de carniceiro e o de vendedor de electrodomésticos.
A mensaxe que nos transmitiu foi a de estudar moito e que todas as profesións son dignas xa que todas son necesarias para a sociedade e temos que exercelas con profesionalidade e responsabilidade.
Como bo avó que é deunos lambetadas a todos e nós respondimos cun abrazo colectivo.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA CARLOS!
viernes, 15 de abril de 2016
PROFESIÓNS: POLICIA PORTUARIA
Viu o pai de Jimena, Mingos, a contarnos que fai no seu traballo como garda portuaria. Foi moi emocionante. Grazas
jueves, 14 de abril de 2016
PROFESIÓNS: MODISTA
A nai de Reúl, Tere, viu a contarnos en que consiste o seu traballo. Ela é modista. Fixemos probas de roupa, vimos revistas de moda, cosimos un botón e para rematar trouxonos un agasallo envolto nunha tela. Moitas grazas.
miércoles, 13 de abril de 2016
martes, 12 de abril de 2016
lunes, 11 de abril de 2016
MP MB



http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/activi_bromera/m1.htm
http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/activi_bromera/m2.htm
http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/activi_bromera/m3.htm
http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/activi_bromera/m4.htm
http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/julio/ortografia/regla_10/regla10.htm
domingo, 10 de abril de 2016
AS PROFESIÓNS: AUXILIAR DE DENTISTA
O xoves pasado foi Paula, a mamá de Elía, quen pasou pola nosa aula e contounos que é o que fai ela no seu traballo.
Tróuxonos unha chea de utensilios que hai nunha clínica dental e, coma sempre, aprendimos un montón.
GRAZAS PAULA.
Tróuxonos unha chea de utensilios que hai nunha clínica dental e, coma sempre, aprendimos un montón.
GRAZAS PAULA.
AS PROFESIÓNS: QUE É UNHA MATRONA ?
A nai de Paula e Noa é matrona e veu á nosa aula a explicarnos en que consiste este oficio. Con ela acudíu Anuska, a tía de Xiana que está embarazada de aproximadamente 7 meses.
Aprendimos un montón de cousas, fixemos moitas preguntas e puidemos tocar unha placenta, escoitar o corazón dun feto, ver ecografías... Vamos que foi impresionante.
MOITAS GRAZAS AS DÚAS E ESPERAMOS COÑECER A PAULA CANDO NAZA EN XUÑO.
Aprendimos un montón de cousas, fixemos moitas preguntas e puidemos tocar unha placenta, escoitar o corazón dun feto, ver ecografías... Vamos que foi impresionante.
MOITAS GRAZAS AS DÚAS E ESPERAMOS COÑECER A PAULA CANDO NAZA EN XUÑO.
AS PROFESIÓNS: A VISITA DO TÍO DE CANDELA
A semana pasada visitounos o tío de Candela e mirade que caras...!
QUEN PODE PROVOCAR ESTAS RISAS?
Hai oficios que son especiais para todos e, sobre todo para os nenos, e unha delas é a de titiriteiro. En Redondela temos a unha das compañías máis antigas e importantes do país; TANXARINA e na nosa aula temos a sorte de ter a Candela que é sobriña dun dos tres compoñentes que forman esta agrupación.
Con Miguel aprendimos moitas cousas como que para traballar como titiriteiro tes que ser artesán, actor, escritor, un gran lector e ter moitas ganas de facer gozar o público. Con nós, desde logo conseguiuno.
A PROFESIÓN DE TITIRITEIRO
Deixámosvós cun vídeo de algúns dos mellores momentos que pasamos con Miguel Borines a semana pasada. MOITAS GRAZAS MIGUEL.
miércoles, 6 de abril de 2016
sábado, 2 de abril de 2016
EL VERBO


http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/abril/tema2-3/actividades/lengua/verbo_tiempo/index.swf
http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/actividades_una_una/lengua/aprende_verbo2.swf
http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua_sant_ana/verbo_presente.swf
http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua_sant_ana/verbo2.swf
http://www.primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/marzo/Unidad1_3/actividades/lengua_sant_ana/verbo_pasado.swf
Suscribirse a:
Entradas (Atom)