domingo, 10 de abril de 2016

AS PROFESIÓNS: A VISITA DO TÍO DE CANDELA

A semana pasada visitounos o tío de Candela e mirade que caras...!


QUEN PODE PROVOCAR ESTAS RISAS?

Hai oficios que son especiais para todos e, sobre todo para os nenos, e unha delas  é a de titiriteiro. En Redondela temos a unha das compañías máis antigas e importantes do país; TANXARINA e na nosa aula temos a sorte de ter a Candela que é sobriña dun dos tres compoñentes que forman esta agrupación.
Con Miguel aprendimos moitas cousas como que para traballar como titiriteiro tes que ser artesán, actor, escritor, un gran lector e ter moitas ganas de facer gozar o público. Con nós, desde logo conseguiuno.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails