PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO O CEP SANTA MARIÑA DE REDONDELA ORGANIZOU A II EDICIÓN DE LECTURA NA RÚA NO PASEO DA XUNQUEIRA, REDONDELA. PARTICIPARON O IES ILLA DE SAN SIMÓN E A EEI A MARISMA. ABRIL 2018. AQUÍ TEDES AS MONTAXES CON TODAS AS FOTOS E VÍDEOS. GRUPOS DE 1º, 2º, 4º E 5º
Fomos de visita á FUNDACIÓN SALES en Vigo. Encantounos coñecer o seu xardín e plantar unha leituga que levamos para casa. Grazas a Cristián e a Patricia por todo o que nos ensinaron.
Xa estamos a voltas coa nosa segunda semana dos experimento deste curso. Esta vez son os nenos/as de 3º e 4º os que fan experimentos relacionados coa electricidade.