lunes, 7 de marzo de 2016

CONTRUYE TUS TABLAS DE MULTIPLICAR

TABLAS PARA PLASTIFICAR

Para montar en casa y practicar la tabla de multiplicar

En una primera fase, los factores están fijos y los niños tienen que coloca los productos.






En una segunda fase los factores y los productos se sacan y los niñ@s tienen que colocar ambos. Así elaboran ell@s solos la tabla.





Aquí podeis descargar los archivos para hacerlo vosotros

 https://dl.dropboxusercontent.com/u/50865314/tabla%20de%20multiplicar%20%20para%20plastificar.pdf
https://dl.dropboxusercontent.com/u/50865314/tabla%20de%20multiplicar%20para%20plastificar.doc

sábado, 5 de marzo de 2016

PROFESIÓNS : TÉCNICO DE CONTROL DE CALIDADE

O pai de Naira viu a contarnos en que consiste o seu traballo. Gustounos moito o que nos contou e as fotos que nos trouxo. Tamén vimos un video do seu traballo. É técnico de control de calidade en Syngenta.
Deixounos de recordo unha libreta e un almanaque.  Moitas grazas

jueves, 25 de febrero de 2016

domingo, 14 de febrero de 2016

MENÚ ESPECIAL DE SAN VALENTÍN

No CHOCO MATEMÁTICO non podiamos deixar pasar esta data tan especial e elaboramos un menú  para os namorados cheo de amor, corazóns e caricias. E  tan só custa 20€.





martes, 26 de enero de 2016

CANCIÓN DA PAZ

O próximo venres 29 de xaneiro celebraremso o día da Paz no cole. Unha das actividades que levaremos a cabo é a de cantar unha canción. Este ano é a de Apertas que voan de Paco Nogueiras. Nesta ocasión, ademais de aprender a letra e cantala con moitas gañas, imos aprender o retrouso e na Lingua de Sinais Española (LSE). Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o facemos e para que practiquedes con nós.


lunes, 4 de enero de 2016

O CHOCO MATEMÁTICO: COMIDA 15 DE DECEMBRO

O pasado 15 de decembro tivemos a inauguración do noso restaurante coa primeira comida servida no Choco Matemático. Este é un vídeo resumo do ben que saíu.





jueves, 17 de diciembre de 2015

PRIMEIRA COMIDA NO CHOCO MATEMÁTICO

Déixovos un pequeno vídeo coas fotos da actividade do martes pasado. Máis para adiante publicaremos os vídeos, polo de agora temos que conformarnos con ver as fotos pero non vos van defraudar. Estiveron estupendos!


domingo, 13 de diciembre de 2015

ROTEIRO POR REDONDELA

Para coñecer a nosa localidade, o xoves pasado, fixemos un percorrido polas rúas máis importantes de Redondela. Ademais, fomos recibidos polo Alcalde no Concello e visitamos os Xulgados, onde puidemos entrar nunha sala de vistas, facer preguntas aos xuices e, incluso, conseguimos unhas solicitudes de casamento e partidas de nacemento.
Na praza da Constitución, Reveriano Soutullo..., fixemos probas moi divertidas e acabamos agotados de tanto camiñar.
En fin, unha actividade moi intensa, pero da que aprendimos un montón. Só nos queda darlle as grazas aos veciños de Redondela que nos axudaron a resolver as probas, e os traballadores/as do Concello e o Xulgado por atendernos con tanta amabilidade.



domingo, 29 de noviembre de 2015

PANADEIR@S POR UN DÍA

A semana pasada, o alumnado de 2º fomos á panadería Cruceiro en Nespereira. Pasamos alí toda a mañá, polo que nos deu tempo a facer un montón de cousas: amasamos, fixemos cruasáns, napolitanas, vimos como traballaban os reposteiros facendo un brazo de xitano ou unha torta, déronnos de merendar, ...
Despois levamos un bo cargamento deses produtos para tomar na casa coa familia. Aquí tedes as fotos para que vexades por que chegamos tan sucios/as ao cole.


lunes, 23 de noviembre de 2015

PEONZAS

VISITA DO PAI DE CHRISTIAN AO CHOCO MATEMÁTICO

O pai do noso compañeiro Christian é o xerente do restaurante "A PONTE" de Vigo polo que lle pedimos que nos acompañase unha mañán e contestase ás nosas preguntas. Deste xeito, poderiamos mellorar o noso restaurante. Accedeu a vir o venres pasado e a verdade é que foi moi interesante. Aprendimos moitas cousas sobre o que necesitamos para o O Choco Matemático. 
MOITAS GRAZAS LINO!


CHULAS DE CABAZA NO CHOCO MATEMÁTICO

O martes pasado cociñamos chulas no noso restaurante. Foron todo un éxito e a receita terédela na casa por se a queredes probar dentro de moi pouco.


lunes, 2 de noviembre de 2015

SEMANA DO SAMAÍN

Para festexar o Samaín este ano fixemos uns monstros-chef, unhas momias para alumear e comimos vasoiras de bruxa que fixemos con queixo e pauciños.
Todo isto e moito máis no seguinte vídeo.



LinkWithin

Related Posts with Thumbnails