Tiñamos que facer unha actividade en grupo de inventar un ritmo. Aquí queda algunha foto do feito pois ao grabar o video os nervios facían que se equivocaran.
O último día do curso, 23 de xuño, tivemos a festa de fin de curso que organizou a ANPA Ernestina Otero. Poidemos ver unha exhibición das actividades extratescolares do centro e logo estivemos xogando. Xogamos con xogos de madeira, con xogos de auga e nos inchables. A media mañá merendamos. Pasámolo xenial. Agora ímonos de vacacións de verán.
Outro ano máis celebramos o noso FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS- FIN DE CURSO , este ano dedicadas a Carlos Casares.
Os nenos e nenas de 3º fixemos unha representación titulada "QUEDADA EN SAN SIMÓN". Para nós é moi especial, pois os nenos e nenas escribiron parte do guión. Pasámolo moi ben ensaiando e o día do festival desfrutamos moito.
Aquí vos queda o video.
Os nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º fixeron unha representación da BATALLA DE SAN SIMÓN que estivo xenial
Fotos do día do festival:
Así ensaiaban:
Os compañeiros e compañeiras de 5º tocaron a frauta, cantaron un rap e representaron a obra de Carlos Casares: " As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Os compañeiros/as de 6º fixeron un musical chamado CARLOSVAICASAR.ES. Non volo perdades.
Esta semana tivemos a SEMANA DA CIENCIA no colexio. Vimos os videos dos experimentos feitos polos nosos compañeiros e compañeiras, e logo tiñamos unha exposición de como se facían.
Coma todos os anos, poidemos ver mostras no microcopio e o material de laboratorio exposto. Os nen@s de 5º tamén elaboraron unha pirámide alimenticia e os de 6º uns conecta sobre o corpo humano. Tamén estaban algunhas das máquinas elaboradas polos nenos e nenas de 3º. Todo era "chulísimo". O ano que ven, máis. Grazas a todos os científicos e científicas.