sábado, 15 de mayo de 2010

3ª AXENDA SEMANAL- MAIO 2010


ESTA SEMANA VOLVE A SER UNHA SEMANA ¡¡RARA¡¡.
TEMOS 3 DÍAS DE CLASE DESPOIS DE 4 DE VACACIÓNS, ASÍ QUE CUSTARANOS UN POUQUIÑO CENTRARNOS

MATEMÁTICAS: seguimos co TEMA 13, onde repasamos os números ordinais, traballamos o tratamento da información mediante gráficos e seguiremos con conceptos dados ata agora: sumas, restas e multiplicacións levando, repaso das táboas, resolución de problemas e números ata o 999. O Venres 21 faremos o control deste tema.

Seguide practicando al táboas.



LENGUA CASTELLANA: Empezamos el tema 14.

LINGUA GALEGA: seguimos co Tema 14.Ver imagen en tamaño completo

COÑECEMENTO DO MEDIO: empezaremos o Tema 14: Os traballos

jueves, 13 de mayo de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA

O POETA DO COUREL

Este ano adícaselle o día das letras galegas a Uxío Novoneyra. Aquí vos deixo un traballo feito por Uxía e o seus pais, coas fotos que tiñasn dunha viaxe que estes fixeron á terra de Uxío: O Caurel.

Tamén vos deixo recursos feitos por compañeir@s doutros centros:

Dende o CEIP Condesa de Fenosa fixeron este LIM:

Máis recursos para traballar a figura de Uxío:

Miniquest do CEIP de Rebordáns



viernes, 7 de mayo de 2010

2 ª AGENDA SEMANAL MAYO

ESTA SEMANA É UNHA SEMANA ¡¡RARA¡¡.
TEMOS 2 DÍAS DE CLASE E LOGO CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CO FESTIVAL NO CENTRO CULTURAL DE BEADE OS DÍAS 12 E 13. NÓS ACTUAMOS O MÉRCORES 12. ESPERAMOS QUE NINGUÉN FALTE POIS TEMOS QUE CELEBRAR UNHA VODA.

MATEMÁTICAS: seguimos co TEMA 13, onde repasamos os números ordinais, traballamos o tratamento da información mediante gráficos e seguiremos con conceptos dados ata agora: sumas, restas e multiplicacións levando, repaso das táboas, resolución de problemas e números ata o 999.
Seguide practicando al táboas.



LENGUA CASTELLANA: Hemos terminado el tema 13 y el lunes 10 haremos en control del tema y luego empezaremos el tema 14.

LINGUA GALEGA: empezaremos co Tema 14.Ver imagen en tamaño completo

COÑECEMENTO DO MEDIO: faremos o control do tema 13: os medios de transporte, usamos os medios de transporte e a circulación.

miércoles, 5 de mayo de 2010

EXPOSICIÓN DOS EXPERIMENTOS


Xa temos publicado o noso cuadernillo cos experimentos con auga feitos por nós na clase. Levaremos a casa o cuadernillo para compartir coas familias e quedará una copia na biblioteca para que todos os nen@s do colexio o poidan ver.
Aquí estan Pablo, Alberto e Luciano pegando no noso pasillo unha copia do cuadernillo.





viernes, 30 de abril de 2010

FOMOS AO VERBUM

Fumos ao Verbum, en Samil, a escoitar a representación do conto: A fantástica viaxe a Patri.
Ao rematar regaláronnos un libro: A vaca Maruxa esquía en Valbabuxa e o cd coas cancións da representación.

ARBORES XENEALÓXICAS

Para aprender as relacións de parentesco fixemos as nosas árbores xenealóxicas. Foi bastante divertido.

jueves, 29 de abril de 2010

COMO RESOLVER CONFLICTOS

Dende 4º fixeron un mural con consellos a ter en conta á hora de resolver conflictos, onde aparecen 4 palabras moi importantes: DETENTE, ESCOITA, DI, PENSA.

A PULGA E O PIOLLO QUEREN CASAR

A pulga e o piollo queren casar e non teñen cartos...... se queredes saber que foi o que pasou non vos perdades a actuación que faremos no centro cultural o día 12 de maio.


COÑECENDO O COLEXIO

Tras visitar o colexio o luns trouxemos un plano do colexio feito por cada un de nós. Aquí vos quedan para que os vexamos.

domingo, 25 de abril de 2010

NUESTRO PRIMER PREMIO

DESDE EL BLOG CREA Y APRENDE CON LAURA, de Jesús, nos envían este premio. Me hace mucha ilusión que me recomiende como un blog que vale la pena visitar y me anima a seguir aprendiendo a hacer cosas nuevas para compartir con vosotros.
En el dibujo del premio queda en enlace para que visitéis el blog de Jesús.


Según las condiciones de recibir el premio , queda enlazado el dibujo del premio con el blog que me lo concedió y
estos son los blog a los que yo les mando el premio:


SEGUIMOS INVENTANDO COS XEOPLANOS

Podo dicir que o xogo dos xeoplanos é un dos máis demandados no tempo de ocio e as creacións son únicas e irrepetibles, como este barco:

Volvo a deixarvos o enlace para que xoguedes desde casa nun xeoplano

domingo, 18 de abril de 2010

MÁNDAME UNA POSTAL¡¡

Hemos aprendido a mandar una postal y nos hemos mandado postales entre nosotros. Fue muy divertido pues hicimos un sorteo y no se podía decir quien te tocara. Escribimos las postales, imaginándonos que visitábamos sitios maravillosos, y luego las mandamos por correo. Lo mejor vino cuando las recibimos en casa, aunque tuvimos muchas anécdotas... que nos han ayudado a saber escribir una postal.
Como nos gustó tanto ahora lo vamos a hacer con nuestros compañer@s de 2ºA.

INVITADOS NA CLASE

A partir do luns 19 de abril imos ter uns invitados na clase. Habera que traerlles comida, coidalos e observalos.

miércoles, 7 de abril de 2010

VISITA A VITRASA

Fúmonos a coñecer as cocheiras de Vitrasa. Aprendimos moitas cousas sobre os autobuses públicos, contáronnos un pouco de historia sobre os autobuses. Ensináronnos o cadro de mando e dende alí falamos cunha conductora . Tamén vimos como contan os cartos da recaudación, como son as oficinas.

O mellor de todo foi que nos viu buscar e tróuxonos de volta o autobús turístico de Vigo. Recoméndovos que cando poidades vaiades cos vosos pais e/ou amigos a coñecer Vigo no autobús turístico.

domingo, 21 de marzo de 2010

19 DE MARZO- DÍA DEL PADRE


Este año hemos preparado para regalarle a "papá" un lapicero hecho por nosotros con plastilina. Fue muy divertido. Esperamos os haya gustado a todos.

viernes, 19 de marzo de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA, 21 MARZO 2010

Para celebrar o día internacional da poesía, 21 de marzo, na biblioteca do colexio, O MOUCHO, fixeron unha actividade moi bonita na cal participamos. Léronse as poesías que ao longo do curso foran publicadas no RECUNCHO DOS POETAS do colexio. Cada nen@ leu a súa propia poesía e nós tiñamos varias para ler. Gustounos moitísimo escoitarnos e escoitar aos nosos compañeiros recitar as composicións propias.

lunes, 15 de marzo de 2010

XOGANDO COA XEOMETRÍA

Doutros cursos xa sabemos moito das figuras xeométricas e agora estamos estudando en clase os corpos xeométricos: cubo, pirámide, esfera, cono y cilindro. Para aprendelas ben fixémolas con plastilina e logo con papel.


Aquí vos deixo un enlace a unha páxina onde podedes repasar os corpos xeométricos e ademais ten actividades para facer.

Aquí tamén tendes actividades de xeometría para que vos divirtades un pouco.


domingo, 14 de marzo de 2010

TRABALLO DE CAMPO

Xa estamos rematanto o tema das plantas e fomos polo patio do colexio en busca de árbores, arbustos e herbas. Tivemos moita sorte pois o ano pasado o departamento de Normalización Lingüística do colexio coa axuda das familias e a axuda económica da comunidade de montes de Beade, catalogaron moitas plantas do colexio e puxéronlle o nome cun cartel. Nos fixemos fotos das plantas e dos carteis e logo clasificámolas en árbores, arbustos. As fotos das herbas non teñen nome e imos a clasificalas nos. Foi moi divertido e o sol sentounos moi ben.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails