jueves, 9 de octubre de 2014

1º ACTIVIDADE DE VALORES SOCIAIS E CÍVICOS DE PRIMEIRO A, B E C

A semana pasada rematamos a primeira actividade das moitas que imos levar a cabo na materia de valores sociais e cívicos.
Durantes estas semanas, limos o conto O segredo de Flora e a continuación tivemos unhas sesións moi divertidas onde representamos, nós mesmos/as, situacións que vivimos nas nosas familias cando nos enfadamos igual ca Flora.
Por exemplo, Jimena contounos que se enfadaba cando lle obrigaban a tomar o leite, Rubén cando lle quitan os xoguetes, Noelia cando lle pegan etc...
Estas escenas representámolas entre nós e rímonos moito. Foi unha pena que a profe non estivera preparada e non se gravasen ( sempre quedarán estás imaxes gravadas na súa retina!) pero non hai nada como ver a un compañeiro teu facendo do teu pai, nai ou irmá...
Por último, eleboramos un mural que podedes ver no corredor de primeiro. Aquí tedes unhas fotos do proceso de eleboración e resultado final.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails