domingo, 5 de octubre de 2014

E O SILENCIO CHEGOU A 1ºA

En relación ao proxecto dos avións, o pasado venres propúxenlles  unha actividade que resultou moi motivadora. Consistía nun "concurso" no que contaban con 5 minutos para debuxar todas as cousas que se lles ocorresen que voasen. Houbo de todo; fadas, nubes, paxaros, dragóns, moscas..,quen non fixo nin a primeira porque non era quen de debuxalo ben, quen puxo 8 cousas, 6, 3... O caso é que entre todos logramos atopar ata 25 ou 26 e que ademais de ilustralos tamén escribimos o nome de cada unha. Estivemos tan metidos no xogo que durante 5 inutos isto foi o que se oía na aula.
Comprobamos que o silencio é posible!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails