Como sabedes o pasado 15 de xuño fomos de excursión á Madroa. Tivemos que dividirnos en grupos de 30 alumnos/as polo que no noso grupo fomos os de 1º A máis a metade de 1º C. Deixámosvos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e todo o que vimos.
jueves, 18 de junio de 2015
AS NOSAS PLANTACIÓNS
Presentámosvos as leitugas despois de coidalas desde que as plantamos. Creceron un montón e, moitas delas, están listas para preparar unha boa ensalada nas casas. Mirade...
martes, 16 de junio de 2015
sábado, 13 de junio de 2015
lunes, 1 de junio de 2015
MANUALIDADES DE ANIMAIS FEITOS CON ROLOS DE PAPEL
Dentro do proxecto educativo dos animais que levamos a cabo durante o segundo e terceiro trimestre reciclamos rolos de papel hixiénico para facer animais. Foi moi fácil. Mira que chulos!
sábado, 30 de mayo de 2015
domingo, 24 de mayo de 2015
TULIPÁNS
Como estamos a ver moitas cousas sobre as plantas, entre outras actividades, elaboramos uns tulipáns con caixas de ovos, plastilina e pauciños de brochetas. Quedáronnos chulísimas. Ademais, a profe Paz contounos o conto do tulipán que non quería crecer como Peter Pan e acompañouno con instrumentos musicais. Grazas profe Paz.
O CAZO DE LORENZO
O mes de maio dedicámosllo á DIVERSIDADE e que mellor maneira de facelo que xutando as clases de Valores cívicos e sociais e de relixión. Comezamos lendo o conto do Cazo de Lorenzo e a partir del pensamos nas dificultades que algunhas persoas teñen cada no día a día e tamén nos demos conta que todos temos algunha (os nosos cazos) e intentamos buscarlles unha solución (os bolsos). Ao final quedounos un mural chulísimos que temos no corredor de 1º. Podedes pasar a lelo cando queirades.
viernes, 22 de mayo de 2015
sábado, 16 de mayo de 2015
viernes, 15 de mayo de 2015
jueves, 14 de mayo de 2015
miércoles, 13 de mayo de 2015
PROXECTO IOGUR
Estes días estivemos aprendendo como se fai o iogur, mesturando leite e iogur e usando una iogurtera. Tamén vimos como se fai co hongo da leite, chamado kéfir. Probámolo e vimos as diferenzas de sabor e textura e tamen que está moi bo con azucre.
CARREIRA SOLIDARIA
Oxe pasámolo moi ben correndo na alameda e vendo correr os nosos compañeiros, somos uns grandes deportistas. Enhoraboa a tod@s!
martes, 12 de mayo de 2015
viernes, 8 de mayo de 2015
jueves, 7 de mayo de 2015
AS PLANTAS
Como sabedes en primeiro estamos co tema das plantas en ciencias naturais. Unha das actividades que levamos a cabo todas as aulas de primeiro foi a de plantar unhas leitugas reciclando os envases dos cartóns de leite.
Contamos con facer unha ensalada para xuño pero co que está chovendo... non sei se non se estragará toda a plantación!
Na nosa aula tamén estamos a facer un experimento para comprobar se é certo iso de que as plantas necesitan sol e auga para viviren. Temos 3 plantas; unha está metida no armario e non lle dá o sol pero regámola, outra dálle o sol pero non a regamos e outra coidámola poñéndoa ao sol e regándoa. Cal delas vivirá? Morrerá algunha? Cal pimeiro?... Polo de agora as 3 están moi ben pero só levamos unha semana co experimento.
Contamos con facer unha ensalada para xuño pero co que está chovendo... non sei se non se estragará toda a plantación!
Na nosa aula tamén estamos a facer un experimento para comprobar se é certo iso de que as plantas necesitan sol e auga para viviren. Temos 3 plantas; unha está metida no armario e non lle dá o sol pero regámola, outra dálle o sol pero non a regamos e outra coidámola poñéndoa ao sol e regándoa. Cal delas vivirá? Morrerá algunha? Cal pimeiro?... Polo de agora as 3 están moi ben pero só levamos unha semana co experimento.
miércoles, 6 de mayo de 2015
martes, 5 de mayo de 2015
EXPERIMENTO CON ELECTRICIDADE
As nenas de 4º viñeron a contarnos un experimento con electricidade. Gustouno moito e aprendemos moito.
lunes, 4 de mayo de 2015
domingo, 3 de mayo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)