viernes, 24 de julio de 2015

NUESTRA INTERPRETACIÓN DE "EL QUIJOTE"

Esta actividad la hicimos en abril, el mes del libro, y aquí está el vídeo montado con nuestra lectura e interpretación de este gran clásico.


jueves, 18 de junio de 2015

VISITA AO ZOO 1º A E 1º C

Como sabedes o pasado 15 de xuño fomos de excursión á Madroa. Tivemos que dividirnos en grupos de 30 alumnos/as polo que no noso grupo fomos os de 1º A máis a metade de 1º C. Deixámosvos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e todo o que vimos.





AS NOSAS PLANTACIÓNS

Presentámosvos as leitugas despois de coidalas desde que as plantamos. Creceron un montón e, moitas delas, están listas para preparar unha boa ensalada nas casas. Mirade...


lunes, 1 de junio de 2015

MANUALIDADES DE ANIMAIS FEITOS CON ROLOS DE PAPEL

Dentro do proxecto educativo dos animais que levamos a cabo durante o segundo e terceiro trimestre reciclamos rolos de papel hixiénico para facer animais. Foi moi fácil. Mira que chulos!


domingo, 24 de mayo de 2015

TULIPÁNS

Como estamos a ver moitas cousas sobre as plantas, entre outras actividades, elaboramos uns tulipáns con caixas de ovos, plastilina e pauciños de brochetas. Quedáronnos chulísimas. Ademais, a profe Paz contounos o conto do tulipán que non quería crecer como Peter Pan e acompañouno con instrumentos musicais. Grazas profe Paz.



O CAZO DE LORENZO

O  mes de maio dedicámosllo á DIVERSIDADE e que mellor maneira de facelo que xutando as clases de Valores cívicos e sociais e de relixión.  Comezamos lendo o conto do Cazo de Lorenzo e a partir del pensamos nas dificultades que algunhas persoas teñen cada  no día a día e tamén nos demos conta que todos temos algunha (os nosos cazos) e intentamos buscarlles unha solución (os bolsos). Ao final quedounos un mural chulísimos que temos no corredor de 1º. Podedes pasar a lelo cando queirades.




miércoles, 13 de mayo de 2015

PROXECTO IOGUR

Estes días estivemos aprendendo como se fai o iogur, mesturando leite e iogur e usando una iogurtera. Tamén vimos como se fai co hongo da leite, chamado kéfir. Probámolo e vimos as diferenzas de sabor e textura e tamen que está moi bo con azucre.

CARREIRA SOLIDARIA

Oxe pasámolo moi ben correndo na alameda e vendo correr os nosos compañeiros, somos uns grandes deportistas. Enhoraboa a tod@s!

COÑECENDO INSTRUMENTOS

jueves, 7 de mayo de 2015

AS PLANTAS

Como sabedes en primeiro estamos co tema das plantas en ciencias naturais. Unha das actividades que levamos a cabo todas as aulas de primeiro foi a de plantar unhas leitugas reciclando os envases dos cartóns de leite.
Contamos con facer unha ensalada para xuño pero co que está chovendo... non sei se non se estragará toda a plantación!
Na nosa aula tamén estamos a facer un experimento para comprobar se é certo iso de que as plantas necesitan sol e auga para viviren. Temos 3 plantas; unha está metida no armario e non lle dá o sol pero regámola, outra dálle o sol pero non a regamos e outra coidámola poñéndoa ao sol e regándoa. Cal delas vivirá? Morrerá algunha? Cal pimeiro?... Polo de agora as 3 están moi ben pero só levamos unha semana co experimento.


EMOCIONES: LA IRA

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails