jueves, 30 de octubre de 2014
XA É SAMAÍN
Outro ano máis celebramos o Samaín no colexio.
Tamén temos a Nana, Chimpo e Noite cun novo diálogo relacionado co Samaín.

Este ano estamos a facer moitas actividades para aprender cousas novas sobre as lendas de Galicia. Esta semana viu Xosé Couñago, a contarnos historias sobre as Mouras, as Sereas, os Lobos, a Santa Compaña. Foi moi entretido e inda que houbo algún momento de medo, aprendimos moito.
Na biblioteca houbo moito misterio e ocorreron cousas raras....
Trouxemos cabazas
Fixemos xogos populares para celebrar o MAGOSTO. Tamén cantamos e bailamos

domingo, 26 de octubre de 2014
SESIÓNS LITERARIAS
Durante estes primeiros meses na hora de lectura estivemos lendo os libros que trouxemos da casa aos nosos compañeiros e compañeiras. Uns eran de aimais, outros de princesas, outros de personaxes de televisión... cada quen contou o que quixo. Algúns leron os contos como lectores expertos e outros contáronnos a súa versión, pero comprobamos que os libros están nas nosas vidas e teñen moito que contarnos. Son momentos de lecer en grupo. Aquí quedan algunhas fotos destes momentos. Pronto daremos paso a unhas novas sesións literarias aínda máis interesantes.
viernes, 24 de octubre de 2014
VISITA AO AEROPORTO
Foi moi emocionante. Creo que soñásemos coa saída perfecta ao aeroporto sería esta, pois vimos aterrar e despegar a un avión, vimos aso bombeiros, puxemos o casco.... non faltou nada.
En resumo, pasámolo xenial. Hai que repetir para o ano.
En resumo, pasámolo xenial. Hai que repetir para o ano.
miércoles, 22 de octubre de 2014
VISITA A COÑECER AS ÁRBORES DO ENTORNO
O mércores fomos a pasear polo arredor do colexio para coñecer as árbores. A profe Melu foinos dicindo os nomes das árbores e contábanos cousas interesante sobre elas. Ao final collimos unha folla pequena e outra grande. Coa pequena faremos un marcapáxinas e coa grande....algo bonito.
martes, 21 de octubre de 2014
lunes, 20 de octubre de 2014
ASAMBLEA CON SETAS
La profe Mary nos trajo unas setas grandes para poder ver, tocar y oler. Nos encantó.
domingo, 19 de octubre de 2014
viernes, 17 de octubre de 2014
ASAMBLEAS CON RITMOS
Los viernes hacemos las asambleas con canciones y ritmos. Nos ayuda mucho a mejorar nuestra coordinación y además lo pasamos genial.
TRABALLOS EN FAMILIA II: OS SENTIDOS
Para estudar os sentidos mandamos traer da casa "cousas" relacionadas con cada un dos sentidos. Este que presentamos é o resultado do aportado por cada un dos nenos e nenas de 1º A. Houbo moita implicación e interese por parte das familias (MOITAS GRAZAS!!).
Xa nos comimos o chocolate de Elía, os caramelos de Daniela e as olivas de Uxía...
Xa nos comimos o chocolate de Elía, os caramelos de Daniela e as olivas de Uxía...
jueves, 16 de octubre de 2014
XOGO DAS FOTOS
Cando nos sobra tempo, seguimos xogando. Nesta ocasión presentamos o "xogo das fotos". Un de nós ten que atopar as diferenzas entre a primeira foto e a segunda. Colocámonos como se fosemos unha imaxe e durante uns segundos nos observan, despois vaise e cambiamos cousas. Ao voltar ten que adiviñar o que mudou.
PRACTICAMOS SUMAS CON...
Para aprender ben a sumar o mellor e practicar... pero con fabas, garbanzos, macarróns, pedriñas, cunchas... ÁNIMO
miércoles, 15 de octubre de 2014
martes, 14 de octubre de 2014
CONTO DAS ÁRBORES
A profe Melu, de 1º C, fixo un contacontos moi divertido. Aprendimos a importancia das árbores.
OS SENTIDOS EN 1º B. APRENDEMOS INVESTIGANDO
En Naturais estamos aprendedo moitas cousas sobre o noso corpo e agora tocan os sentidos. Tod@s trouxeron moitas cousas da casa relacionadas cos sentidos e varios traballos feitos en familia moi bonitos. Moitas grazas familias.
lunes, 13 de octubre de 2014
QUERES APRENDER A PILOTAR UN AVIÓN?
Algunha vez soñaches con pilotar un avión? Agora podes intentalo con esta curtametraxe onde nos explican como facelo.
Non imos desvelar segredos, pero... ao mellor necesítalo dentro duns días...
viernes, 10 de octubre de 2014
OS SENTIDOS
Esta fin de semana levamos outra tarefa para facer en familia. Esta vez temos que traer cousas para traballar os 5 sentidos na clase. Os nen@s tamén poden facer algún traballo especial sobre o tema e traelo a clase. Deixamos que deixedes voar a vosa imaxinación.
Tamén vos deixo aquí uns xogos e enlaces para os nen@s

Tamén vos deixo aquí uns xogos e enlaces para os nen@s
jueves, 9 de octubre de 2014
TRABALLAMOS EN FAMILIA 1º C
Estos son os traballos tan bonitos que os nen@s de 1º C fixeron na casa coa súa familia para aprender os nomes das articulacións.
1º ACTIVIDADE DE VALORES SOCIAIS E CÍVICOS DE PRIMEIRO A, B E C
A semana pasada rematamos a primeira actividade das moitas que imos levar a cabo na materia de valores sociais e cívicos.
Durantes estas semanas, limos o conto O segredo de Flora e a continuación tivemos unhas sesións moi divertidas onde representamos, nós mesmos/as, situacións que vivimos nas nosas familias cando nos enfadamos igual ca Flora.
Por exemplo, Jimena contounos que se enfadaba cando lle obrigaban a tomar o leite, Rubén cando lle quitan os xoguetes, Noelia cando lle pegan etc...
Estas escenas representámolas entre nós e rímonos moito. Foi unha pena que a profe non estivera preparada e non se gravasen ( sempre quedarán estás imaxes gravadas na súa retina!) pero non hai nada como ver a un compañeiro teu facendo do teu pai, nai ou irmá...
Por último, eleboramos un mural que podedes ver no corredor de primeiro. Aquí tedes unhas fotos do proceso de eleboración e resultado final.

martes, 7 de octubre de 2014
TRABALLOS EN FAMILIA (1º A)
A pasada fin de semana mandamos un pequeno traballo para facer coa familia na casa e, así, repasar o aprendido en Ciencias Naturais nestes últimos días. O resultado foi moi bo e sei que en todas as aulas se levarona cabo traballos moi orixinais. Aquí expoño os máis chamativos de 1º A.
MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!!
MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!!
AS ARTICULACIÓNS
Como sabedes, nesta semana estudamos as articulacións en Ciencias Naturais. Un dos xogos que fixemos para aprendelas foi o que ides ver nestas fotos. Consistía en tocar na parella a articulación que a profe indicaba.
lunes, 6 de octubre de 2014
TRABALLAMOS EN FAMILIA
Esta fin de semana os nen@s levaron unha tarefa para facer en familia e de paso repasar o vocabulario novo que están aprendendo en Naturais. AS ARTICULACIÓNS.
Estas foron as obras de arte feitas en familia
Estas foron as obras de arte feitas en familia
3º DIÁLOGO EN GALEGO
domingo, 5 de octubre de 2014
E O SILENCIO CHEGOU A 1ºA
En relación ao proxecto dos avións, o pasado venres propúxenlles unha actividade que resultou moi motivadora. Consistía nun "concurso" no que contaban con 5 minutos para debuxar todas as cousas que se lles ocorresen que voasen. Houbo de todo; fadas, nubes, paxaros, dragóns, moscas..,quen non fixo nin a primeira porque non era quen de debuxalo ben, quen puxo 8 cousas, 6, 3... O caso é que entre todos logramos atopar ata 25 ou 26 e que ademais de ilustralos tamén escribimos o nome de cada unha. Estivemos tan metidos no xogo que durante 5 inutos isto foi o que se oía na aula.
Comprobamos que o silencio é posible!
Comprobamos que o silencio é posible!
viernes, 3 de octubre de 2014
NARANJITO Y LUNA EN CLASE
Trajimos la pecera, la comida, el agua y por fin el jueves llegaron los peces. El viernes, en votación hecha en clase, les pusimos sus nombres.
POESÍA EN LA ASAMBLEA
En una asamblea de clase construimos una poesía. Venía dentro de una caja y se habían desordenado los versos. Tuvimos que leerlos, ordenarlos y luego pegarlos en un papel. Nos encantó la actividad.
DIBUJAMOS LAS REGLETAS
Seguimos aprendiendo a usar las regletas en clase. Esta semana las hemos dibujado.
O NOSO COLEXIO
Coñecimos o colexio, fixemos visitas por todas as estancias: patios, biblioteca, aula informática, aula de música, secretaría, sala dos profes.... fixemos os nosos debuxos e logo un mural con todos xuntos. Aquí está o resultado
miércoles, 1 de octubre de 2014
SESIÓNS LITERARIAS EN 1º A
Durante a "hora de ler" estamos levando a cabo sesións literarias grazas aos libros que lles pedimos aos rapaces e rapazas que trouxeran da casa.
Como polo de agora a lectura, en silencio e de xeito individual aínda non lles atrae, aproveitamos para dar comezo a estas tertulias literarias. É un momento no que algún dos nosos compañeios ou compañeiras conta a historia do libro que trouxo e que tanto lle gusta.
Algúns optan por lelo, outros, en cambio, prefiren deleitarnos coa súa versión sobre os feitos. Este último, é o caso de Lucas, quen nos animou co conto titulado Caillou viaja en avión e aproveitei para gravalo porque, ademais de non ter desperdicio, é un claro exemplo de como o importante neste momento non é tanto ler correctamente como si interesarnos polos libros, a lectura e as aventuras que nos contan. Adiántovos que non hai pilotos e azafatas de avión senón directores e directoras... Síntoo, pero era demasiado longo e pesaba moito polo que só está un trociño do conto.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)